73. Un conto para estes tempos de "crise"

É agosto, unha pequena cidade de costa en plena tempada; cae unha choiva torrencial fai varios días, a cidade parece deserta.

Todos teñen débedas e viven a base de créditos. Por fortuna, chega un ruso moi rico e entra nun pequeno hotel con encanto. Pide unha habitación.

Pon un billete de 100 euros na mesa do recepcionista e vaise a ver os cuartos.

O xefe do hotel pilla o billete e sae correndo a pagar as súas débedas co carniceiro.

Este colle o billete e corre a pagar a súa débeda co criador de porcos.

Á súa vez, este dáse présa a pagar o que lle debe ao provedor de penso para animais.

O do penso colle o billete ao voo e corre a liquidar a súa débeda coa prostituta á que fai tempo que non paga. En tempos de crises, ata ela ofrece servizos a crédito.

A prostituta colle o billete e sae para o pequeno hotel onde trouxera aos seus clientes as últimas veces e que aínda non pagara.
Entrega o billete de 100 euros ao dono do hotel, e liquida as súas débedas.

Neste momento baixa o ruso, que acaba de botar unha ollada ás habitacións, di que non lle convence ningunha, colle o billete que dera antes, e vaise da cidade.

Ninguén gañou un duro, pero agora toda a cidade vive sen débedas e mira o futuro con confianza!

CONCLUSIÓN: SE O DIÑEIRO CIRCULA ACÁBASE A CRISE.