70. A pedra da sopa

Nun pequeno pobo unha muller levou unha gran sorpresa ao ver que chamara á súa porta un estrano correctamente vestido que lle pedía algo de comer.

Síntoo -dixo ela-, pero agora mesmo non teño nada na casa.

Non se preocupe, dixo amablemente o estraño, teño unha pedra de sopa na miña carteira. Se vostede me permitise botala nunha pota de auga fervendo eu faría a máis exquisita sopa do mundo. Consiga unha pota moi grande por favor.

Á muller picoulle a curiosidade, puxo a pota ao lume e foi contar o segredo da pedra aos seus vecinas.Cuando a auga rompeu a ferver, toda a veciñanza se reunira alí para ver a aquel estraño e a súa pedra de sopa.

O estraño deixou caer a pedra na auga, logo probou unha culler con verdadeiro deleite e exclamou: ¡ Deliciosa! O único que necesita é unhas cantas patacas.

- ¡ ¡ Eu teño unhas patacas na miña cociña!!, berrou unha muller.

En poucos minutos estaba de regreso cunha grande fonte de patacas peladas que foron dereito á sopa. O estraño volveu probar a beberaxe:
¡ Excelente! dixo e engadiu pensativamente:

- Se tivésemos un pouco de carne, fariamos un cocido máis apetitoso.

Outra muller saíu zumbando e voltou cun anaco de carne que o estraño tras aceptalo cortesmente introduciu no pucheiro.
Cando volveu probar o caldo, puxo os ollos en branco e dixo:

- ¡ Ah, qué saboroso! Se tivésemos unhas cantas verduras, sería perfecto, absolutamente perfecto...

Unha das veciñas foi correndo ata a súa casa e volveu cunha cesta llenade cebolas e cenorias; despois de introducir as verduras no pucheiro, o estraño probou novamente a sopa e con ton autoritario dixo: - o sal.

- Aquí a ten, díxolle a dona de casa. A continuación deu outra orde: ¡ ¡ Pratos para todo o mundo!!.

A xente apresurouse a ir ás súas casas en busca de pratos.

Algúns regresaron traendo mesmo pan e froitas.

Logo sentaron todos a gozar da expléndida comida, mentres o estraño repartía abundantes porcións da súa increible sopa.

Todos se sentían estrañamente felices mentres rían, charlaban e compartían por primeira vez a súa comida. No medio do alborozo, o estraño marchou silenciosamente, deixando tras del a milagrosa pedra de sopa, que eles poderían usar sempre que quixesen facer a máis deliciosa sopa do mundo...