53. O valor das persoas

Pablo, co rostro abatido de pensar, reúnese coa súa amiga Laura nun bar a tomar un café. Deprimido, descargou nela as súas angustias... que o traballo, que o diñeiro, que a relación coa súa parella, que a súa vocación!...
Todo parecía estar mal na súa vida. Laura introduciu a man no seu bolso, sacou un billete de 50 euros e díxolle:
-  ¿Queres este billete?
Pablo, un poco confundido ao comezo, contestoulle:
-  Claro, Laura... son 50 euros ¿quén non os querería?
Entón Laura tomou o billete cun dos seus puños e enrrugouno ata facelo unha pequena bola. Amosando a apretada pelotiña a Pablo, volveu a preguntarlle: E agora, ¿quérelo tamén?
- Laura, non sei que pretendes con isto, pero seguen sendo 50 euros. Claro que o collerei se mo das.
Laura desdobrou o billete, tirouno ao chan e restregouno co pé, levantándoo logo sucio e marcado.
- ¿Segues queréndoo?
- Mira, Laura, sigo sen entender a onde vas, pero é un billete de 50 euros e mentres non o raches, conserva o seu valor...

Pablo, debes saber que aínda que ás veces algo non saia como queres, aínda que a vida te enrrrugue ou pisotee, segues sendo tan valioso como sempre o fuches... O que debes preguntarte é canto vales en realidade, e non o golpeado que poidas estar nun momento determinado. Pablo quedouse mirando a Laura sen atinar con palabra algunha, mentres o impacto da mensaxe penetraba profundamente no seu cerebro. Laura puxo o enrrugado billete ao seu carón na mesa e cun sorriso cómplice engadiu: Toma, gárdao, para que te lembres disto cando te sintas mal... pero débesme un billete novo de 50 euros para poder usalo co próximo amigo que o necesite. Deulle un bico na meixela e alonxouse cara á porta.

Pablo volveu a mirar o billete, sorriu, gardouno e cunha renovada enerxía chamou ao camareiro para pagar a conta...

¿Cántas veces dudamos do noso propio valor, de que
realmente merecemos máis e que podemos conseguir  
o que nos propoñamos? Claro que non basta co mero propósito...
Requirese acción e existen moitos camiños.