50. O doce aroma do café

Unha filla queixábase ao seu pai acerca da súa vida e cómo as cousas lle resultaban tan difíciles. Non sabía como facer para seguir adiante e cría que se daría por vencida. Estaba cansada de loitar. Parecía que cando solucionaba un problema, aparecía outro

 
O seu pai, un chef de cociña, levouna ao seu lugar de traballo. Alí encheu tres olas con auga e colocounas sobre o lume. Pronto a auga das tres olas estaba fervendo.

 
Nunha colocou cenouras, na outra colocou ovos e na última colocou grans de café. Deixounas ferver sen dicir palabra. A moza esperou impacentemente, preguntándose que estaría facendo o seu pai. Aos vinte minutos o pai apagou o lume.

 
Sacou as cenouras e colocounas nunca cunca. Sacou os ovos e colocounos noutro prato. Ao remate, colou o café e púxoo nunha xerra. Mirando á súa filla díxolle: "Querida " ¿qué ves?"

 
- Cenouras, ovos e café-  foi a súa resposta.
 

Fixo que se achegara e pediulle que tocara as cenouras, ela fíxoo e notou que estaban brandas.

 
Logo pediulle que tomara o ovo e que o rompera. Despois de sacarlle la casca, observou o ovo duro. Logo pediulle que probara o café. Ela sorriu mentres disfrutaba do seu agradable aroma. Humildemente a filla preguntou:

 
- ¿Que significa esto, pai?

 
El explicoulle que os tres elementos enfrontaran a mesma adversidade: a auga fervendo, pero tiñan reaccionado de forma diferente:

 
A cenoura chegou á auga forte, dura, soberbia; pero despois de pasar pola auga fervendo puxérase feble, fácil de desfacer

 
O ovo chegara á auga fráxil, a súa delgada casca protexía o seu interior líquido; pero despois de estar na auga fervendo, o seu interior endurecérase.
 

Os grans de café, sen embargo eran únicos: despois de estar en auga fervendo, tiñan cambiado á auga.

 
- ¿Cal es ti, filla? - Díxolle. - Cando a adversidade chama á túa porta; ¿cómo respondes? ¿Eres unha cenoura que parece forte, pero cando a adversidade e a dor che tocan, vólveste feble e perdes a túa fortaleza?

 
- ¿Es un ovo, que comeza cun corazón maleable e un espírito fluido, pero que después dunha morte, unha separación, un despido, unha pedra no camiño vólvese duro e ríxido? Por fora veste igual, pero ¿es amargada e áspera, cun espírito e un corazón endurecido?

 
- ¿Ou es coma un gran de café? O café cambia á auga fervendo, o elemento que lle causa dor.  Cando a agua chega ao punto de ebulición o café acada o seu mellor sabor

 
Se es coma o gran de café, cando as cousas se poñen mal, ti reaccionas en forma positiva, sen deixarte vencer e fas que as cousas ao teu arredor melloren, que ante a adversidade exista sempre unha luz que ilumina o teu camino e o da xente que te rodea.
 

"POR ISO NON DEIXES XAMAIS DE ESPARCIR COA TÚA FORZA E ACTITUDE O "DOCE AROMA DO CAFÉ".