33. Empuxa a vaquiña

Un mestre da sabedoría paseaba por un bosque co seu fiel discípulo, cando viu ao lonxe un sitio de aparencia pobre, e decidiu facer una breve visita ao lugar. Durante la camiñada comentoulle ao aprendiz sobre a importancia das visitas, tamén de coñecer persoas e as oportunidades de aprendizaxe que temos destas experiencias.

Chegando ao lugar constatou a pobreza do sitio, os habitantes eran unha parella e tres fillos, a casa de madeira, vestidos con roupas sucias e rachadas sen calzado. Entón aproximouse ao home, aparentemente o pai de familia e preguntoulle: "Neste lugar non existen posibilidades de traballo nin puntos de comercio tampouco, ¿como fan vostede e a súa familia para sobrevivir aquí?" O home pausadamente respondeu: "amigo meu, nós temos unha vaquiña que nos dá varios litros de leite tódolos días. Unha parte do producto vendémolo ou cambiámolo por outros alimentos na cidade veciña e coa outra parte producimos queixo, callada, etc., para o noso consumo e así é como vamos sobrevivindo”.

O sabio agradeceu a información, contemplou o lugar por un intre. Logo despediuse e foise. Na metade do camiño, volveuse cara ao seu fiel discípulo e ordenoulle: "busca a vaquiña, lévaa a aquel precipicio e empúxaa ao barranco."

O mozo espantado mirou cara ao mestre e cuestionoulle sobre o feito de que a vaquiña era o medio de subsistencia de aquela familia. Máis como percibiu o silencio absoluto do mestre, foi a cumprir a orde. Así que empuxou a vaquiña polo precipicio e viuna morrer. Aquela escena quedou gravada na memoria de aquel mozo durante algúns años.

Un bo día o mozo inquedo pola culpa resolveu abandonar todo o aprendido, regresar a aquel lugar e contarlle todo á familia, pedir perdón e axudalos. Así o fixo, e a medida que se aproximaba ao lugar vía todo moi bonito, con árbores floridas, todo habitado, cun coche no garaxe dunha tremenda casa e algunhas criaturas xogando no xardín. O mozo sentiuse triste e desesperado imaxinando que aquela humilde familia tivese que vender o terreo para sobrevivir, acelerou o paso e chegando alí, foi recibido por un home moi simpático. O mozo preguntou pola familia que vivía alí uns catro anos atrás. O home respondeu que seguían vivindo alí. Espantado o mozo entrou correndo á casa e confirmou que era a mesma familia que visitou uns anos antes co mestre. Elixiu o lugar e preguntoulle ao home (o dono da vaquiña): "¿Cómo fixo para mellorar este lugar e cambiar de vida?" O home entusiasmado respondeulle: "nós tiñamos unha vaquiña que caeu polo precipicio e morreu; a partires de aí vímonos na necesidade de facer outras cousas e desenvolver outras habilidades que non sabíamos que tiñamos, así acadamos o éxito que os teus ollos vislumbran agora.

"Todos nós temos unha vaquiña que nos proporciona algunha cousa básica para a nosa supervivencia que é unha convivencia coa rutina: FAINOS DEPENDENTES, E O MUNDO REDÚCESE AO QUE A VAQUIÑA NOS BRINDA".