18. Ventás

Dous homes, seriamente enfermos, ocupaban a mesma habitación no hospital. A un deles se lle permitía estar sentado unha hora tódalas tardes para que os pulmóns drenaran os seus fluídos. A súa cama daba á única ventá da habitación.

 

O outro tiña que estar deitado todo o tempo. Os dous falábanse mucho: das súas mulleres e familiares, das súas casas, traballos, o servicio militar, ónde estiveran de vacacións.

 

E tódalas tardes o home que se podía sentar fronte á ventá, pasaba o tempo describindo ao seu compañeiro o que vía pola ventá. Este, soamente vivía para eses momentos onde o seu mundo se expandía por toda a actividade e cor do mundo exterior.

 

A ventá daba a un parque cun bonito lago. Patos e cisnes xogaban na auga mentres os nenos capitaneaban os seus barcos teledirixidos. Mozos amantes andaban collidos da man entre flores de cada cor do arco iris. Grandes e vellas árbores embelecían a paisaxe, e unha fina liña do ceo sobre a cidade podíase ver ao lonxe.

 

Mentres o home da ventá describía todo esto con exquisito detalle, o home do outro lado da habitación pechaba os ollos e imaxinaba a pictórica escena.

 

Unha cálida tarde o home da ventá describiu un desfile na rúa. Aínda que o outro home non podía oír la banda de música- imaxinábaa conforme o outro lle ía narrando todo con pelos e sinais. Os días e as semanas pasaron.

 

Unha mañá, a enfermeira entrou e atopouse o corpo sen vida do home do lado da ventá, que morrera tranquilamente mentres durmía. Púxose moi triste e chamou ao doutor para que levaran o corpo. Tan pronto como considerou apropiado, o outro home preguntou si se podía trasladar ao lado da ventá. A enfermeira aceptou gustosamente, e despois de asegurarse de que o home estaba cómodo, deixouno so.

 

Lenta e dolorosamente, apoiouse sobre un codo para botar a súa primeira ollada pola ventá. Por fin tería a posibilidade de velo cos seus propios ollos.

Retorceuse lentamente para mirar fora da ventá que estaba ao lado da cama. Daba a un enorme muro branco. O home preguntou á enfermeira qué pretendera o finado compañeiro contándolle aquel marabilloso mundo exterior.

 

E ela dixo:

- Quizás só quería animalo.-