08. No aeroporto

Unha moza estaba esperando o seu voo nunha sala de espera dun gran aeroporto.

Como debía esperar bastante tempo, decidiu comprar un libro e tamén un paquete con galletas.

Sentouse nunha sala do aeroporto para poder descansar e ler en paz.

Asento de por medio, sentouse un home que abriu unha revista e comezou a ler.

Entre eles quedaron as galletas.

Cando ela colleu a primeira, o home tamén tomou unha.

Ela sentiuse indignada, pero non dixo nada.

Só pensou:

"¡Qué descarado; se eu fora máis valente, ata lle daría unha labazada para que nunca o esqueza!".

Cada vez que ela collía unha galleta, o home tamén tomaba unha.

Aquelo indignábaa tanto que non conseguía concentrarse nin reaccionar.

Cando quedaba só unha galleta, pensou: "¿qué fará agora este aproveitado?".

Entón, o home partiu a última galleta e deixou a metade para ela.

Ah! Non!.

Aquelo pareceulle demasiado!. ¡Púxose a resollar de rabia!.

Pechou o seu libro, colleu as súas cousas e dirixiuse ao sector de embarque.

Cando se sentou no interior do avión, mirou dentro do bolso e, para a súa sorpresa, alí estaba o seu paquete de galletas. . .intacto, pechado.

¡Sentiu tanta vergoña!.

Só entón se decatou do equivocada que estaba.

¡Esquecera que as súas galletas estaban gardadas dentro do seu bolso!.

O home compartira as súas sen sentirse indignado, nervioso, consternado ou alterado.

E xa non estaba a tempo nin tiña posibilidades para dar explicacións ou pedir desculpas.

Pero si para razoar:

¿Cántas veces na nosa vida sacamos conclusións cando debéramos observar mellor?

¿Cántas cousas non son exactamente como pensamos acerca das persoas?.

E lembrou que existen catro cousas na vida que non se recuperan:

1) Unha pedra, despois de ser lanzada;

2) Unha palabra, despois de dicila;

3) Unha oportunidade, despois de perdela;

4) O tempo, despois de ter pasado.