Skip to Content

Ánimas e castañas

O pasado 8 de novembro, entre o arrecendo a castañas asadas e a cera de candeas queimadas, despedimos o outono cun magosto peculiar, a festa das "Ánimas e castañas". Coas caras tisnadas de cinsa, degustamos  doces caseiros, participamos da procesión da Santa Compaña, e gozamos coa música, o baile e os xogos populares, como carreiras de sacos, cadeiras musicais, o xogo das picas, da ra, do pano, da castaña, da mazá, da corda ou da pata de pau. Ademais, celebramos os tradicionais concursos de calacús, epitafios, sobremesas, fotos de outono ou da procesión de ánimas...

Feliz Ano Novo Celta!

Premendo na foto inferior podedes ver o álbum desta celebración e neste enlace un vídeo coas actividades da xornada

Álbum: Actividades Curso 2019-2020 -> AnimasECastañas

"Reixas, mulleres baixo o terror franquista"

Como ben argumentaba o noso antigo profesor, Xilberte Manso, todas as nosas accións teñen consecuencias, e como non queremos esquecer a aquelas persoas que padeceron a persecución por soñar, querer, loitar por un mundo máis xusto para todas e todos no que a impunidade non fose a norma, un mundo no que a palabra "democracia" enchese de ilusión os discursos políticos, fomos coñecer a exposición REIXAS-REXAS, grazas ao convite do IEM aos centros de ensino.

Na nosa visita escoitamos atentamente todo o que nos contou a súa autora, Montse Fajardo, incansable recolledora de testemuñas de mulleres represaliadas polo réxime fascista triunfante en España despois da Guerra do 36. Para nós non era a primeira vez que oïamos falar da "Volta das Nove", pero si, que hoxe lle prestamos máis atención. Que tería sido da vida das nosas avoas e avós, nais e pais, de non ter sufrido un réxime totalitario?...

Preme a fotografía inferior para ver o álbum desta actividade

Álbum: Actividades Curso 2019-2020 -> Reixas

Próximos días non lectivos

Lembrámoslles que ata o martes 5 de novembro non se reanudarán as clases. Velaquí os días non lectivos establecidos no calendario escolar 2019-20:

  • xoves 31 de outubro: Día do Ensino
  • venres 1 de novembro: Día de Todos os Santos
  • luns 4 de novembro: Día non lectivo elixido polo centro 

 

 

Adxudicación de prazas de transporte escolar

Publicada a listaxe de adxudicación de prazas de transporte escolar. Os solicitantes poderán consultala na cortiza que está ao lado da conserxería.

Semana polo Clima

Ao longo desta "Semana polo Clima" moitos foron os actos aos que nos sumamos en defensa da concienciación medioeambiental: carteis, vídeos, camisetas, minutos de silencio, lectura de textos…e neste enlace un video con algunhas das actividades desta semana.

Boa mostra son os poemas de Bernardino Graña ou Victor Campio que o noso alumnado recitou para reivindicar a súa preocupación pola Terra; testemuños de protesta sempre presentes desde os albores da nosa lírica medieval galego-portuguesa.

Preme na imaxe inferior para veres o álbum desta actividade... 

Álbum: Sen categoría -> Semana Clima
Distribuir contido


by Dr. Radut