Semana polo Clima
Ao longo desta "Semana polo Clima" moitos foron os actos aos que nos sumamos en defensa da concienciación medioeambiental: carteis, vídeos, camisetas, minutos de silencio, lectura de textos…e neste enlace un video con algunhas das actividades desta semana.
Boa mostra son os poemas de Bernardino Graña ou Victor Campio que o noso alumnado recitou para reivindicar a súa preocupación pola Terra; testemuños de protesta sempre presentes desde os albores da nosa lírica medieval galego-portuguesa.
Preme na imaxe inferior para veres o álbum desta actividade...