Skip to Content

Fondo solidario de libros de texto e material escolar: Listas de axudas

  Nesta táboa pode consultarse as listas de admitidos, excluídos así como as axudas para a adquisición de libro de texto e material escolar. 

Lista provisional de admitidos a fondolibros
Lista provisional de axudas para adquirir libros de texto e material escolar

Saída final de curso de 1º ESO

O alumnado de 1º de ESO, acompañado polos profesores Pura de Ciencias, Chechu de Electrónica e Pilar de Galego, realizou unha saída de fin de curso ao cámping de Maceira, no concello de Covelo.

 O mércores 19 saímos do centro dirección Tui (visita ao casco vello e catedral), castro de Trona, castelo de Sobroso e ceraría de Paraños, con chegada a Maceira.

 O xoves 20 percorremos a berita do río Tea, visitando os museo-serradoiro Os Carranos

 O venres 21 chegamos novamente a Tui, facendo a baixada en canoas polo río Miño

Selecciona a foto inferior para ver o álbum desta actividade

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> AGardaTui1ESO

Unha viaxe a Madrid....coa Historia da Arte

  Nestes últimos cursos o alumnado de Historia da Arte completou a súa formación coa visita a museos e monumentos de Madrid. Neste vídeo recóllese unha escolma comparativa das fotografías desta actividade.

Premios á excelencia en 2º Bacharelato

 Parabéns á nosa alumna do bacharelato de Ciencias Elena García Herbello ao ser galardoada no Acto de recoñecemento da USC aos mellores expedientes de centros de ensino medio de Galicia.O evento desenvolveuse o 4 de xullo no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela e nel participaron os estudantes cunha cualificación superior a 9 de media entre a parte obrigatoria da ABAU e o bacharelato.

 Lembremos que Elena xa obtivera neste curso unha matrícula de honra, ao igual ca Jaime Martínez Veiro, do bacharelato de Humanidades e ciencias sociais. Ademais tamén se presentou ás probas dos Premios extraordinarios de bacharelato que tiveron lugar o 27 de xuño.

 Preme a foto inferior para ver algunha das fotos do acto de entrega dos premios

 

Álbum: Actividades Curso 2018-2019 -> PremioExcelencia2Bac
Distribuir contido


by Dr. Radut