"Reixas, mulleres baixo o terror franquista"

Enviado por iesproval o Xov, 2019-10-31 00:31

Como ben argumentaba o noso antigo profesor, Xilberte Manso, todas as nosas accións teñen consecuencias, e como non queremos esquecer a aquelas persoas que padeceron a persecución por soñar, querer, loitar por un mundo máis xusto para todas e todos no que a impunidade non fose a norma, un mundo no que a palabra "democracia" enchese de ilusión os discursos políticos, fomos coñecer a exposición REIXAS-REXAS, grazas ao convite do IEM aos centros de ensino.

Na nosa visita escoitamos atentamente todo o que nos contou a súa autora, Montse Fajardo, incansable recolledora de testemuñas de mulleres represaliadas polo réxime fascista triunfante en España despois da Guerra do 36. Para nós non era a primeira vez que oïamos falar da "Volta das Nove", pero si, que hoxe lle prestamos máis atención. Que tería sido da vida das nosas avoas e avós, nais e pais, de non ter sufrido un réxime totalitario?...

Preme a fotografía inferior para ver o álbum desta actividade

Álbum: Actividades Curso 2019-2020 -> Reixas
( categories: )