Equipo de normalización lingüística

Cantos de reis

Celebración do Nadal no IES DO CAMIÑO coa participación de Mini Rivas.

O 20 de decembro aprendemos a cantar os reis e difererentes paxoliñas. Mini fíxonos partícipes do seu saber relacionado coa música e costumes do Nadal. Hoxe en día, é un dos máis importantes recompiladores de música tradicional da nosa comunidade. Os nosos cativos descubriron a importancia da música tradional galega e da súa conservación. Ademais eles mesmos fixeron unha recompilación de cantos de reis e panxoliñas do concello de Palas coas que agasallaron a Mini pola súa colaboración neste pequeno festival de Nadal. 

Aquí un pequeno resumo en imaxes:

Magosto 2019

O venres 8 de novembro celebramos o magosto no instituto, foi un día no que xogamos, bailamos, corremos, comemos castañas …. E sobre todo botámonos unhas risas, por máis días así nos que ademais de aprender desfrutemos todos e todas xuntas!!!! 

Visitounos o escritor Paco Martín

 O día dous de maio, o escritor Paco Martín estivo cos integrantes do Club de Lectura e outros alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º de ESO. O encontro tivo lugar na biblioteca do centro. O escritor lugués falounos  da súa relación con Palas, da súa infancia, dos seus comezos no mundo da literatura e de moitas cousas máis,entre elas  das de Ramón Lamote, o fabricante de soños por encarga, protagonista do libro que leramos no club. Unha visita entrañable, interesante e divertida. Ao remate, en nome de todos, e en proba de agradecemento pola visita, unha alumna fíxolle entrega a Paco Martín dun agasallo especial: un cesto cheo de produtos da Ulloa. Foi un feliz encontro e un privilexio contar cun dos máis recoñecidos escritores do panorama literario galego.

Coñecemos a Biblioteca Pública de Lugo e asistimos a unha actuación teatral (Anagnórise)

No marco das homenaxes a María Victoria Moreno, ó lor da festa das Letras Galegas, asistimos a unha adaptación teatral que  Limiar Teatro fixo da novela Anagnórise,un proxecto promovido pola editorial Galaxia. Ademais, fixemos unha visita á Biblioteca Pública de Lugo, onde nos ensinaron o seu funcionamento, algunhas salas de acceso restrinxido con libros moi valiosos e repartiron os carnés de lector a quen o solicitara. 

 

Compartindo poesía

Fanse 181 anos do nacemento da nosa poeta Rosalía de Castro e co lema "Abride a fiestra" celebráronse por toda Galicia actos para homenaxear a súa figura. No IES de Palas fixemos a nosa contribución: escollemos os seus versos, escribímolos nunha tarxeta postal e compartímolos con …

 Velaí van algunhas desas postais (moi axiña vos chegarán ás caixas do correo)

 

Entroido 2018 (máis troula)

E despois da charla de Bruno, o alumnado e unha ampla representación do profesorado vivimos outra expresión do Entroido, o Entroido moderno. Participantes nas categorías individual, parellas-tríos, comparsas e “antroidadas musicais”. Tamén houbo moito humor e moita rima improvisada, xa que o centro conta cun trío de regueifeiros-rapeiros de gran nivel. A festa finalizou coa actuación estelar da orquestra internacional “París de Palas”, que deleitou a rapazada con pezas típicas.

Vamos ao cine: “Asesinato en el Orient Express”

O xoves 21 de decembro, os membros do Club de lectura,  fomos ao cine As Termas a ver a película: “Asasinato no Orient Express.

 

A película é unha adaptación da novela homónima da escritora británica Agatha Christie.  A historia céntrase no detective belga Hércules Poirot. A trama comeza no Hotel Tokatlian de Istambul, Poirot recibe un telegrama que pide que volva con urxencia a Inglaterra e viaxe no “Orient Express” que sae esa mesma noite. No famoso tren, coñecerá a un americano chamado Ratchett, que lle pide ao detective que lle axude a conservar a súa vida pero Poirot rexeita o traballo. Despois da noite, Ratchett acaba sendo asasinado e Poirot debe investigar o caso. Segundo vaia pescudando algúns detalles do caso, descubrirá que o tren está cheo de sospeitosos e sospeitosas, non podendo confiar en absolutamente ninguén dos e das que se atopan abordo.

 

Traballo A Xeración de Enerxía

Escolle os 5 equipos (como moito) que mellor o fixeran na exposición dos traballos sobre a Xeración de Enerxía

Distribuir contido