Entroido 2018 (Cultura popular)

 

Comezamos o Entroido, tendo a música como principal protagonista. O músico BRUNO VILLAMOR GAY, de raíces palenses, veunos presentar o seu libro-CD O gaiteiro da Ulloa, no que recompila a maioría de pezas do repertorio de Ramiro Villamor García, O Gaiteiro da Ulloa,  e avó del. Ademais de interpretar algunhas das pezas que popularizou seu avó, Bruno rendeulle unha sentida homenaxe a el e, tamén, á cultura popular. Porque, tal e como recolle no citado libro, lembrou o Entroido de Santo Xusto, celebración de singulares características que acadou unha gran popularidade en toda a Ulloa e, mesmo, fóra dela. Ademais de ser un músico de moita sona no seu tempo, Ramiro Villamor García foi o creador e o mantedor do Entroido de Santo Xusto.