Entroido 2018 (máis troula)

E despois da charla de Bruno, o alumnado e unha ampla representación do profesorado vivimos outra expresión do Entroido, o Entroido moderno. Participantes nas categorías individual, parellas-tríos, comparsas e “antroidadas musicais”. Tamén houbo moito humor e moita rima improvisada, xa que o centro conta cun trío de regueifeiros-rapeiros de gran nivel. A festa finalizou coa actuación estelar da orquestra internacional “París de Palas”, que deleitou a rapazada con pezas típicas. E, sempre, coa imprescindible participación e profesionalidade do “djei” Iván Casanova, alumno do centro. Viva o Entroido!