Visitounos o escritor Paco Martín

 O día dous de maio, o escritor Paco Martín estivo cos integrantes do Club de Lectura e outros alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º de ESO. O encontro tivo lugar na biblioteca do centro. O escritor lugués falounos  da súa relación con Palas, da súa infancia, dos seus comezos no mundo da literatura e de moitas cousas máis,entre elas  das de Ramón Lamote, o fabricante de soños por encarga, protagonista do libro que leramos no club. Unha visita entrañable, interesante e divertida. Ao remate, en nome de todos, e en proba de agradecemento pola visita, unha alumna fíxolle entrega a Paco Martín dun agasallo especial: un cesto cheo de produtos da Ulloa. Foi un feliz encontro e un privilexio contar cun dos máis recoñecidos escritores do panorama literario galego.