Skip to Content

Actividades e recursos

A CAMPAÑA "Agresión OFF: Eu digo non á violencia sexual" CHEGA AO CENTRO

O alumnado de 4º ESO achegouse ao stand co que a Secretaría Xeral de Igualdade busca informar e sensibilizar o alumnado contra a violencia de xénero. Os rapaces e rapazas participaron nun taller no que se abordaron os estereotipos de xénero, o ciclo da violencia nas relacións de parella e a presenza das mulleres na historia. Esta actividade realizouse en colaboración coa Concellería de Igualdade.

FAINO VISIBLE! 25N HOXE E TODOS OS DÍAS DO ANO

O alumnado de 1º de BACH de Literatura Universal, coordinado pola súa profesora Rocío, preparou unha acción colectiva para visibilizar as violencias machistas.

Este trimestre están amosando o seu traballo diante do alumnado de 1º e 3º ESO, participante na Titoría entre iguais, que traballará de maneira colaborativa nas sesións de titoría para reflexionar sobre as manifestacións e actitudes machistas.

Ademais, nunha das representacións contamos coa presenza de Silvia Díaz, concelleira de Igualdade, e Raquel Rodríguez, concelleira de Educación.

Moitas grazas polo voso traballo e compromiso Raquel, Lúa, Berto, Carla, Uxía, Ainhoa, Eva, María, Elías, Uxía e Sergio.

Artigo na sección "Faro da educación" do Faro de Vigo sobre as actividades que se están a desenvolver no centro.

EN POIO SEMENTAMOS IGUALDADE

A escritora e comunicadora Llerena Perozo remata mañá os obradoiros co alumnado de 4º ESO, organizados en colaboración coa Concellería de Igualdade. Ela foi quen redactou o manual En Poio sementamos igualdade, que puidemos repartir entre o alumnado de 3º ESO, 4º ESO e 1º BAC grazas ao Concello de Poio.

Con este tipo de actividades, formamos o alumnado e creamos espazos de reflexión onde falar sobre o que pensan e senten.

Consulta aquí a entrevista completa a Llerena Perozo no Diario de Pontevedra.

OBRADOIRO: Desexar(nos). Coidar(nos). Autocoidado e afectividade nos tempos da COVID-19

Esa semana desenvolveuse a primeira sesión do obradoiro “Desexar(nos). Coidar(nos). Autocoidado e afectividade nos tempos da COVID-19”.

A psicóloga Andrea Sieiro Paz, coa iniciativa do Concello de Poio, está traballando co alumnado de 4º ESO e 1º BAC para facilitarlles ferramentas que lles permitan xestionar as súas emocións nestes momentos complicados que lles tocou vivir.

AQUÍ podedes escoitar a entrevista que lle fixeron a Andrea Sieiro na COPE falando sobre esta iniciativa.

Máis imaxes dos obradoiros nesta ligazón.

ENQUISA PARA O ALUMNADO - PLAN DE IGUALDADE

Clica AQUÍ para acceder á enquisa para o alumnado. Esta enquisa responderase de forma anónima e empregarase para realizar unha análise da situación do IES de Poio coa finalidade de actualizar o Plan de Igualdade do centro. 

 

Esta enquisa realizarase no centro educativo na aula de informática co acompañamento de profesorado. Prégase non contestala fóra do horario de clase.

Distribuir contido


by Dr. Radut