Skip to Content

Actividades e recursos

MANIFESTO CONTRA AS VIOLENCIAS MACHISTAS

No texto lido este 25 de novembro no instituto, alumnado, profesorado e persoal non docente quixemos visibilizar todas as formas de machismo presentes na nosa sociedade. Poñerlles nome e describilas permite identificalas e poder erradicalas.

Parte deste texto son fragmentos de Invisibles, de Montse Fajardo, que se combinan con reflexións redactadas polo alumnado que integra Sementes de liberdade.

Nós somos as que queremos cambiar as cousas. E vós, sumádesvos á loita?

 

Ligazón ao texto completo do manifesto.

1º PREMIO DA CATEGORÍA "EDUCACIÓN EN VALORES" NOS V PREMIOS PROVINCIAIS Á XUVENTUDE

O proxecto "Sementes de liberdade" do IES de Poio foi recoñecido nos Premios Provinciais á Xuventude co 1º premio da categoría "Educación en Valores". Nel recollíanse as actividades a prol da igualdade e a diversidade de xénero realizadas nas materias de Coeducación para o século XXI e Literatura Universal, así como todas as iniciativas que desenvolveu a asemblea feminista-LGTB do alumnado.

 
 
 
Ver esta publicación en Instagram

Una publicación compartida de IES de Poio (@iesdepoio)

"AS RAPAZAS DO ROSARIO", DE EVA TORRES, FOTOGRAFÍA GAÑADORA DO CONCURSO "VISIBLES E DIVERS@S"

Na xornada posterior ao 17 de maio, Día Internacional contra a LGTBfobia, Sementes de liberdade, a asemblea feminista-LGTB do instituto, fixo entrega dos premios do concurso fotográfico “Visibles e divers@s”.

Estas foron as fotografías galardoadas:

- 1º premio para Eva Torres, 1º BAC C: “As rapazas do rosario”

- Accésit para Sara Freijo, 2º BAC A: “Iridescencia

- Accésit para Ainhoa Bernárdez, 1º BAC C: “Os homes tamén menstrúan”

Parabéns ás premiadas e a todas as persoas participantes pola calidade das súas imaxes. Podedes velas todas na exposición que se atopa no vestíbulo do instituto e no Instagram da Asemblea.

Nova na prensa: Pontevedra Viva

IMAXES PRESENTADAS AO CONCURSO "VISIBLES E DIVERS@S"

Nesta ligazón podedes ver as imaxes que o alumnado presentou ao concurso fotográfico "Visibles e divers@s" convocado por Sementes de liberdade, a asemblea feminista-LGTB do alumnado. O 18 de maio anunciarase a persoa gañadora.

Distribuir contido


by Dr. Radut