blogue deadmin

Abrapalabra (N.º 7)

Consulta todas as lecturas avaliables dos departamentos de lingua para o curso 2014-2015 

Abrapalabra (n.º 7) - Especial familias

(Números anteriores)

Presentación do curso

HORARIOS DEFINITIVOS

  1.º ESO-A   1.º ESO-B  
         
  2.º ESO-A   2.º ESO-B  
         
  3.º ESO-A   3.º ESO-PDC  
         
  4.º ESO-A   4.º ESO-B  
         
  1.º BAC-A   1.º BAC-B  
         
  2.º BAC-A   2º. BAC-B  
         
  I-II ESA   III-IV ESA  
         

Recoñecemento médico do persoal docente: ata o 15 de setembro

INSTRUCIÓNS DE INSCRICIÓN PARA RECOÑECEMENTO MÉDICO DO PERSOAL DOCENTE.

Resumo do procedemento:

  • Inscrición telemática no enlace: https://revisionmedicadocentes.xunta.es
  • A aplicación xera un xustificante que deberá presentar na data concetada da primeira consulta para analíticas e recollida de mostras.
  • PRAZO DE INSCRICIÓN: antes do 15 de setembro.

Exame de saúde básico:

  • Historia clínico-laboral.
  • Exploración xeral.
  • Outras exploracións previa solicitude: revisión xinecolóxica e control prostático.
  • Control biolóxico: sangue e ouriños.

Resultados e entrega dos informes mediante código de seguridade de acceso na aplicación de MUTRAGA.

Se precisara información adicional, ten a súa disposición ao persoal do servizo de prevención de riscos laborais da consellería, nos teléfonos 981.95.77.94 e 981.95.74.79.

MOITA SAÚDE.

Reportaxe III Premio Estudo e Deporte

Documental con entrevistas para a entrega do III Premio Estudo e Deporte do ano 2014.

ESA LUZ

O pasado mércores día 25 gravouse "Esa luz" interpretada por alumnos de 1º ESO B. Esta canción, xa escoitada nos actos de fin de curso, foi composta por alumnos do IES de Guitiriz a partires de versos de Diaz Castro e usando a música de "Cups", na que os vasos son o acompañamento de percusión. Noraboa a Noelia, Noa Martínez, Lidia, Marta, Miriam, Inés, Noa Canido, Sergio, Carla, Iván, Diego e Félix polo excelente resultado.

  

Homenaxe a Xoán Carneiro

No derradeiro claustro do curso despedimos, por traslado voluntario de destino, ao profesor Xoán Carneiro. Para nós trátase dunha referencia indiscutible do IES de Mugardos no que impartiu docencia de xeografía e historia ao longo dos últimos 24 anos. Por iso, en nome de toda a comunidade educativa, queremos manifestar o noso recoñecemento e gratitude polo seu labor profesional e calidade humana.

A xeito de homenaxe reproducimos o discurso que como representante do profesorado pronunciou hai un ano no acto de celebración do 25.º aniversario do centro, e que colleitou moitos aplausos.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Contratación do servizo de cafetaría para o curso 2014-2015

RESOLUCIÓN DO PROCEDEMENTO PARA A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA CAFETARÍA
  Baremación e resolución  

Documentanción:

Bestiario Fantástico

Códice manuscrito polo alumnado de Cultura Clásica de 4.º ESO coa dirección da profesora Olga Cabalar. O orixinal fica exposto no vestíbulo do centro.

Participación na V Olimpíada Galega de Economía

O pasado día 18 de xuño tuvo lugar a V edición da Olimpíada Galega de Economía na Facultade de Administración de Empresas de Lugo. Participaron as alumnas de 2.º BAC: Cristina Reborido e Zoe Rivera.

 

Xornada de Emerxencia en Mugardos

Esta mañá, o campeiro da Pandoira foi escenario da Xornada de Emerxencia para todo o alumnado dos colexios e instituto de Mugardos. Participaron Policía Local, Garda Civil de Tráfico, helicótero da DGT, Axega, Protección Civil de Muxía, Bergondo e Mugardos e o GES de Mugardos.

III Premio Estudo e Deporte

Máis dun centenar de deportistas estudantes participaron nesta convocatoria do III Premio Estudo e Deporte. Trátase dunha iniciativa do IES de Mugardos en colaboración co Concello de Mugardos, o Concello de Ares, o Club do Mar de Mugardos, a SDC Galicia de Mugardos e a ANPA O Castro para premiaren os estudantes do centro que mellor se desenvolven nos aspectos social, deportivo e académico.
 
A grande cantidade de datos recompilados coa axuda indispensable de 25 adestradores e os seus clubs e entidades, requiriu dunha análise minuciosa. Foron precisas varias sesións de traballo para outorgar os gañadores e mencións especiais en cada unha das categorías. O Comité Avaliador quere salientar o mérito de cada un dos participantes e o compromiso das súas familias para organizarse e render nos estudos e na actividade física. Máis alá dos resultados, todos somos gañadores co voso exemplo.
 
Os recoñecidos co III Premio Estudo e Deporte-2014 nas tres categorías son os seguintes:

PRIMEIROS PREMIOS

Categoría

Nome e apelidos

Deporte

ESO 1-2

Fátima Cancela González

Club do Mar de Mugardos

ESO 1-2

Christian Rubianes Leyva

Club do Mar de Mugardos

ESO 3-4

Lupa Pérez Ruiz

Club do Mar de Mugardos

ESO 3-4

Pablo Rodríguez Vilaboa

Club de Golf Campomar

BAC-PCPI

Cristina Reborido Gómez

Club do Mar de Mugardos

BAC-PCPI

Martín Pérez Sarmiento

Club Fútbol Numancia de Ares

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 Unha das decisións novidosas nesta convocatoria é a concesión dun Premio Especial pola súa traxectoria académico-deportiva ao longo da ESO aos alumnos:

PREMIO ESPECIAL

ESO 3-4

Sara Vázquez Rumbo

 ESK Narón

ESO 3-4

Joao Pedro Moreira Dos Santos

 Racing Club Ferrol

 

 

 

 

 

Ademais outorgáronse as seguintes mencións:

MENCIÓNS

Categoría

Nome e apelidos

Deporte

ESO 1-2

Andrea Marcos Paradela

Club do Mar de Mugardos

ESO 1-2

Alba Pérez García

SDC Galicia de Mugardos

ESO 1-2

Miguel Fernández Rodríguezl

SDC Galicia de Mugardos

ESO 1-2

Borja Pita Seone

Racing Club Ferrol

ESO 3-4

Marica  Otero

Club do Mar de Mugardos

ESO 3-4

Mercedes Pereira Rodríguez

Club do Mar de Mugardos

ESO 3-4

Pablo Rañales Pérez

Tiro con arco. Ares Arco

ESO 3-4

Jorge Pérez Pérez

SDC Galicia de Mugardos

ESO 3-4

Sergio Pérez Pérez

SDC Galicia de Mugardos

BAC-PCPI

Inés Sánchez Castro

Baile DanzAres

BAC-PCPI

Paula Oliveira Sánchez

Baile DanzAres

BAC-PCPI

Carlos López Vilasánchez

Racing Club Ferrol

BAC-PCPI

Marcelo Couce Barbeito

Fútbol Numancia

Mención especial no concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos

Parabéns a Verónica, Carlos, Carmen e Sergio de 1.º BAC  que veñen de acadar unha meción especial no concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos organizado por SGAPEIO

A entrega dos premios e diplomas realizarase o vindeiro 20 de xuño en Santiago. Pero ademais o seu traballo baseado nunha análise sensorial de varias clases de pans foi seleccionado para representar a Galicia na Fase Nacional deste concurso. 

Estamos moi orgullosos deste resultado. porque sabemos de todo o esforzo e dedicación investido neste proxecto no que ten moito que ver a profesora Covadondga e todo o departamento de Matemáticas.

 

Mención Especial: 
Título: Introdución á análise sensorial. Estudo hedónico do pan no IES Mugardos
Autores: Verónica González Regueiro, Carlos Rodeiro Matriz, Carmen María Sanmartín Fero, Sergio Vila Plana
Titor: Covadonga Rodríguez-Moldes Rey

Foto La Voz de Galicia - Ferrol

 

"To Galicia With Love" by Shawna Berk

Este é o fermoso texto de despedida que nos deixou Shawna logo de sete meses como auxiliar de convesa entre nós. 

To Galicia With Love

Grazas, Shawna, polo teu traballo e todos os sorrisos.

Marcha ciclista Concello de Mugardos

Poucos, pero cumpridores, os ciclistas de 1.º e 2.º ESO realizaron esta mañá a tradicional marcha ciclista organizada polo Concello de Mugardos para todos os centros educativos do municipio. Velaquí antes de emprenderen o percorrido ata Chanteiro.

Festival das Letras Galegas

Gravacións:

Ligazón ao álbum sonoro
Festival das Letras

I Concurso de Fotografía

Charlas de Seguridade Vial

O Xefe da Policía Local de Mugardos impartiu ao longo desta semana varias charlas de seguridade vial dirixidas ao alumnando da ESO. O principal asunto desta actividade centrouse na importancia do uso do cinto de seguridade e no casco.

Festival das Letras

Gravacións:

 

Ligazón ao álbum Festival das Letras

 

Segundo posto no Canta Ferrol 2014.

Orgullosos de Iria Regueiro Cruz (2.º BAC.) pola súa gran actuación e levar o nome do instituto ata o segundo posto na edición deste ano do Canta Ferrol. Parabéns!!!

Explícoche matemáticas 2.0

A Facultade de Matemáticas da USC seleccionou estes dous vídeos de alumnas do noso centro para participar no concurso Explícoche Matemáticas 2.0.  O mellor xeito de valorar o traballo é cun "Gústame" en Youtube.

A elipse de LAURA e SILVIA (2.º BAC)

A catenaria de BEA e CRISTINA (2.º BAC)

 

 

Vai lendo bailando (23 de abril)

Debate.con (2014)

 

 

Premios Emprende Xove

Satisfeitos coa nosa participación na segunda edición dos premios Emprende Xove convocados pola Asociación de Jóvenes Empresarios de Ferrolterra. Os equipos de 3.º ESO e 1.º BAC realizaron moi bos proxectos de creación de empresa para o que tiveron que concebir unha idea, desenvolver un proxecto de negocio, valorar alternativas de investimento e defendelo perante un tribunal de expertos.

Actividades de abril

Visita do club de lectura a Pontevedra (27 de marzo)

O club de lectura "A boca do lobo" realizou este xoves, 27 de marzo, a súa visita anual a unha localidade galega para mercar libros. Nesta ocasión a elixida foi a boa vila de Pontevedra cadrando coa celebración do Salón do Libro Infantil e Xuvenil. Alí recibiunos a mascota Orbil e percorremos as instalacións. Logo tivemos a oportunidade de realizar o roteiro guiado pola cidade vella e co noso guía Roberto descubrir as pegadas do burgo medieval. Despois das compra na Libraría Paz e Cronopios e do xantar, aínda tivemos tempo para ver varias salas do Museo Provincial.

 

Imaxes na Galería

Folga do 26 e 27 de marzo

Seguimento da folga no IES de Mugardos:

98% en Bacharelato; 100% en 4.º ESO e 78% en 3.º ESO.

 

Circular

Distribuir contido