blogue deadmin
Abrapalabra (N.º 7)
Enviado por admin o Mér, 15/10/2014 - 16:20Consulta todas as lecturas avaliables dos departamentos de lingua para o curso 2014-2015
HORARIOS DEFINITIVOS
Enviado por admin o Lun, 22/09/2014 - 19:131.º ESO-A | 1.º ESO-B | |||
2.º ESO-A | 2.º ESO-B | |||
3.º ESO-A | 3.º ESO-PDC | |||
4.º ESO-A | 4.º ESO-B | |||
1.º BAC-A | 1.º BAC-B | |||
2.º BAC-A | 2º. BAC-B | |||
I-II ESA | III-IV ESA | |||
Recoñecemento médico do persoal docente: ata o 15 de setembro
Enviado por admin o Mar, 02/09/2014 - 19:33INSTRUCIÓNS DE INSCRICIÓN PARA RECOÑECEMENTO MÉDICO DO PERSOAL DOCENTE.
Resumo do procedemento:
- Inscrición telemática no enlace: https://revisionmedicadocentes.xunta.es
- A aplicación xera un xustificante que deberá presentar na data concetada da primeira consulta para analíticas e recollida de mostras.
- PRAZO DE INSCRICIÓN: antes do 15 de setembro.
Exame de saúde básico:
- Historia clínico-laboral.
- Exploración xeral.
- Outras exploracións previa solicitude: revisión xinecolóxica e control prostático.
- Control biolóxico: sangue e ouriños.
Resultados e entrega dos informes mediante código de seguridade de acceso na aplicación de MUTRAGA.
Se precisara información adicional, ten a súa disposición ao persoal do servizo de prevención de riscos laborais da consellería, nos teléfonos 981.95.77.94 e 981.95.74.79.
MOITA SAÚDE.
Reportaxe III Premio Estudo e Deporte
Enviado por admin o Mar, 08/07/2014 - 22:46Documental con entrevistas para a entrega do III Premio Estudo e Deporte do ano 2014.
ESA LUZ
Enviado por admin o Xov, 03/07/2014 - 17:46O pasado mércores día 25 gravouse "Esa luz" interpretada por alumnos de 1º ESO B. Esta canción, xa escoitada nos actos de fin de curso, foi composta por alumnos do IES de Guitiriz a partires de versos de Diaz Castro e usando a música de "Cups", na que os vasos son o acompañamento de percusión. Noraboa a Noelia, Noa Martínez, Lidia, Marta, Miriam, Inés, Noa Canido, Sergio, Carla, Iván, Diego e Félix polo excelente resultado.
Homenaxe a Xoán Carneiro
Enviado por admin o Sáb, 28/06/2014 - 18:08No derradeiro claustro do curso despedimos, por traslado voluntario de destino, ao profesor Xoán Carneiro. Para nós trátase dunha referencia indiscutible do IES de Mugardos no que impartiu docencia de xeografía e historia ao longo dos últimos 24 anos. Por iso, en nome de toda a comunidade educativa, queremos manifestar o noso recoñecemento e gratitude polo seu labor profesional e calidade humana.
A xeito de homenaxe reproducimos o discurso que como representante do profesorado pronunciou hai un ano no acto de celebración do 25.º aniversario do centro, e que colleitou moitos aplausos.
Contratación do servizo de cafetaría para o curso 2014-2015
Enviado por admin o Mar, 24/06/2014 - 19:15RESOLUCIÓN DO PROCEDEMENTO PARA A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA CAFETARÍA | |
Baremación e resolución
Documentanción: |
Bestiario Fantástico
Enviado por admin o Lun, 23/06/2014 - 22:09Códice manuscrito polo alumnado de Cultura Clásica de 4.º ESO coa dirección da profesora Olga Cabalar. O orixinal fica exposto no vestíbulo do centro.
Participación na V Olimpíada Galega de Economía
Enviado por admin o Sáb, 21/06/2014 - 13:26O pasado día 18 de xuño tuvo lugar a V edición da Olimpíada Galega de Economía na Facultade de Administración de Empresas de Lugo. Participaron as alumnas de 2.º BAC: Cristina Reborido e Zoe Rivera.
III Premio Estudo e Deporte
Enviado por admin o Ven, 13/06/2014 - 16:17Máis dun centenar de deportistas estudantes participaron nesta convocatoria do III Premio Estudo e Deporte. Trátase dunha iniciativa do IES de Mugardos en colaboración co Concello de Mugardos, o Concello de Ares, o Club do Mar de Mugardos, a SDC Galicia de Mugardos e a ANPA O Castro para premiaren os estudantes do centro que mellor se desenvolven nos aspectos social, deportivo e académico.
A grande cantidade de datos recompilados coa axuda indispensable de 25 adestradores e os seus clubs e entidades, requiriu dunha análise minuciosa. Foron precisas varias sesións de traballo para outorgar os gañadores e mencións especiais en cada unha das categorías. O Comité Avaliador quere salientar o mérito de cada un dos participantes e o compromiso das súas familias para organizarse e render nos estudos e na actividade física. Máis alá dos resultados, todos somos gañadores co voso exemplo.
Os recoñecidos co III Premio Estudo e Deporte-2014 nas tres categorías son os seguintes:
PRIMEIROS PREMIOS
Nome e apelidos |
Deporte |
|
ESO 1-2 |
Fátima Cancela González |
Club do Mar de Mugardos |
ESO 1-2 |
Christian Rubianes Leyva |
Club do Mar de Mugardos |
ESO 3-4 |
Lupa Pérez Ruiz |
Club do Mar de Mugardos |
ESO 3-4 |
Pablo Rodríguez Vilaboa |
Club de Golf Campomar |
BAC-PCPI |
Cristina Reborido Gómez |
Club do Mar de Mugardos |
BAC-PCPI |
Martín Pérez Sarmiento |
Club Fútbol Numancia de Ares |
Unha das decisións novidosas nesta convocatoria é a concesión dun Premio Especial pola súa traxectoria académico-deportiva ao longo da ESO aos alumnos:
PREMIO ESPECIAL
ESO 3-4 |
Sara Vázquez Rumbo |
ESK Narón |
ESO 3-4 |
Joao Pedro Moreira Dos Santos |
Racing Club Ferrol |
Ademais outorgáronse as seguintes mencións:
MENCIÓNS
Categoría |
Nome e apelidos |
Deporte |
ESO 1-2 |
Andrea Marcos Paradela |
Club do Mar de Mugardos |
ESO 1-2 |
Alba Pérez García |
SDC Galicia de Mugardos |
ESO 1-2 |
Miguel Fernández Rodríguezl |
SDC Galicia de Mugardos |
ESO 1-2 |
Borja Pita Seone |
Racing Club Ferrol |
ESO 3-4 |
Marica Otero |
Club do Mar de Mugardos |
ESO 3-4 |
Mercedes Pereira Rodríguez |
Club do Mar de Mugardos |
ESO 3-4 |
Pablo Rañales Pérez |
Tiro con arco. Ares Arco |
ESO 3-4 |
Jorge Pérez Pérez |
SDC Galicia de Mugardos |
ESO 3-4 |
Sergio Pérez Pérez |
SDC Galicia de Mugardos |
BAC-PCPI |
Inés Sánchez Castro |
Baile DanzAres |
BAC-PCPI |
Paula Oliveira Sánchez |
Baile DanzAres |
BAC-PCPI |
Carlos López Vilasánchez |
Racing Club Ferrol |
BAC-PCPI |
Marcelo Couce Barbeito |
Fútbol Numancia |
Mención especial no concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos
Enviado por admin o Lun, 02/06/2014 - 23:42Parabéns a Verónica, Carlos, Carmen e Sergio de 1.º BAC que veñen de acadar unha meción especial no concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos organizado por SGAPEIO.
A entrega dos premios e diplomas realizarase o vindeiro 20 de xuño en Santiago. Pero ademais o seu traballo baseado nunha análise sensorial de varias clases de pans foi seleccionado para representar a Galicia na Fase Nacional deste concurso.
Estamos moi orgullosos deste resultado. porque sabemos de todo o esforzo e dedicación investido neste proxecto no que ten moito que ver a profesora Covadondga e todo o departamento de Matemáticas.
Mención Especial: |
Foto La Voz de Galicia - Ferrol
"To Galicia With Love" by Shawna Berk
Enviado por admin o Dom, 01/06/2014 - 18:53Este é o fermoso texto de despedida que nos deixou Shawna logo de sete meses como auxiliar de convesa entre nós.
Grazas, Shawna, polo teu traballo e todos os sorrisos.
Marcha ciclista Concello de Mugardos
Enviado por admin o Ven, 30/05/2014 - 16:08Poucos, pero cumpridores, os ciclistas de 1.º e 2.º ESO realizaron esta mañá a tradicional marcha ciclista organizada polo Concello de Mugardos para todos os centros educativos do municipio. Velaquí antes de emprenderen o percorrido ata Chanteiro.
Festival das Letras Galegas
Enviado por admin o Lun, 26/05/2014 - 23:55Gravacións:
- "Negra sombra" por Noelia Calvo ao saxo.
- "La bella Lola" por María, Nuria, Adriana, Raquel, Lupa, Sergio, Jorge, Juan e Pablo (Grupo de Frautas de 3.º ESO).
- "Romeo e Xulieta" BS por Javier Maceiras e Iria Regueiro.
- "O derradeiro mohicano" BS por María, Nuria, Adriana, Raquel, Lupa, Sergio, Jorge, Juan e Pablo (Grupo de Frautas de 3.º ESO).
- "And I'm telling you..." por Javier Maceiras
Ligazón ao álbum sonoro
Festival das Letras
Charlas de Seguridade Vial
Enviado por admin o Dom, 25/05/2014 - 13:36O Xefe da Policía Local de Mugardos impartiu ao longo desta semana varias charlas de seguridade vial dirixidas ao alumnando da ESO. O principal asunto desta actividade centrouse na importancia do uso do cinto de seguridade e no casco.
Festival das Letras
Enviado por admin o Dom, 18/05/2014 - 21:18
Gravacións:
- "Negra sombra" por Noelia Calvo ao saxo.
- "La bella Lola" por María, Nuria, Adriana, Raquel, Lupa, Sergio, Jorge, Juan e Pablo (Grupo de Frautas de 3.º ESO).
- "Romeo e Xulieta" BS por Javier Maceiras e Iria Regueiro.
- "O derradeiro mohicano" BS por María, Nuria, Adriana, Raquel, Lupa, Sergio, Jorge, Juan e Pablo (Grupo de Frautas de 3.º ESO).
- "And I'm telling you..." por Javier Maceiras
Ligazón ao álbum Festival das Letras
Segundo posto no Canta Ferrol 2014.
Enviado por admin o Dom, 18/05/2014 - 18:41Orgullosos de Iria Regueiro Cruz (2.º BAC.) pola súa gran actuación e levar o nome do instituto ata o segundo posto na edición deste ano do Canta Ferrol. Parabéns!!!
Explícoche matemáticas 2.0
Enviado por admin o Dom, 18/05/2014 - 18:32A Facultade de Matemáticas da USC seleccionou estes dous vídeos de alumnas do noso centro para participar no concurso Explícoche Matemáticas 2.0. O mellor xeito de valorar o traballo é cun "Gústame" en Youtube.
A elipse de LAURA e SILVIA (2.º BAC)
A catenaria de BEA e CRISTINA (2.º BAC)
Premios Emprende Xove
Enviado por admin o Xov, 24/04/2014 - 11:01Satisfeitos coa nosa participación na segunda edición dos premios Emprende Xove convocados pola Asociación de Jóvenes Empresarios de Ferrolterra. Os equipos de 3.º ESO e 1.º BAC realizaron moi bos proxectos de creación de empresa para o que tiveron que concebir unha idea, desenvolver un proxecto de negocio, valorar alternativas de investimento e defendelo perante un tribunal de expertos.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 18
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- seguinte ›
- última »