blogue deadmin

Canle de Orienta Galicia

 

 

O departamento de Orientación recomenda
a canle YouTube

ORIENTA GALICIA

htps://www.youtube.com/channel/UCo2W1FRWEkjHHhP6oOsgtag/playlists

Escola de Familias (Concello de Mugardos)

 

Actividade para nais, pais e persoas interesadas en mellorar as ferramentas necesarias para facer fronte aos diferentes problemas ou dificultades na familia e promover relacións positivas no núcleo familiar, fundadas no exercizo da responsabilidade parental.

  • Prazo de presentación de solicitudes: 29 de outubro de 2015 ata o 7 de novembro de 2015.
  • Datas: os xoves 12, 19 e 26 de novembro e 3 e 10 de decembro de 2015.
  • Horario: 17:00-19:00 horas.
  1. Disporase dun servizo de atención á infancia de 3 a 12 anos.

Descarga o programa e o impreso de solicitude:

Arquivo engadido: 

application/vnd.openxmlformats-officedocument.wordprocessingml.document iconPROGRAMA DE INTERVENCIÓN NO ÁMBITO FAMILIAR asfedro 2015.docx

 

 

Samaín, 2015

  • Primeira produción audiovisual do "Obradoiro de teatro" de 1.º bacharelato:

  • Venda de comida e bebida para a excursión fin de curso (4.º ESO):

  • Entrega dos premios do xa tradicinal concurso de cabazas convocado polo Equipo de Dinamización Lingüística. O xurado tivo dificil labor para elixir as obras de arte gañadoras.

 http://picasion.com/

Visita ao parque eólico de Sotavento

http://picasion.com/

Samaín

          

CONCURSO de CABAZAS

1. Pode participar o alumnado de 1º, 2º e 3º ESO (non os seus familiares).

2. Repartiranse cabazas nos recreos do luns 26 e do martes 27 na entrada do centro.

3.Só se pode presentar unha cabaza por participante, que pode ser unha persoa ou un grupo (un máximo de 3 alumn@s).

4. Cada “obra” deberá ter un nome en galego e ir acompañada dun texto no que se explique como xurdiu a idea e cal foi o proceso de creación (mínimo 10 liñas).

5. Das cabazas transformadas valorarase:

   * a orixinalidade (do nome e da peza) e

   * o coidado con que foi feito o traballo (tanto o manual como a redacción do texto explicativo).

6. As cabazas transformadas deixaranse no expositor da entrada a partir do martes 27de outubro.

7. Entregarase en Conserxería un sobre pechado no que figure por fóra o nome da cabaza. E dentro indicara(n)se  o(s) nome(s) e o curso do(s) participante(s).

8. O xoves 29, durante o primeiro recreo, o xurado escollerá aos gañadores.

9. Serán membros do xurado dous profesores, dous alumnos e outra persoa do centro.

10. Haberá dous premios para cada modalidade de participación (individual e en grupo).

11. Os premios incluíran vales para a cafetería e un agasallo sorpresa.

12. Os gañadores daranse a coñecer no Salón de Actos o xoves día 29 no segundo recreo.

 Organizan:

VICEDIRECCIÓN e EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

        

Dombate, Borneiro e Buño (20 de outubro)

http://picasion.com/

Fragas do Eume (3.º ESO)

O mal tempo non foi impedimento para que os alumnos/as de 3.º ESO realizaran este luns, 19 de outubro, o percorrido de senterismo polas Fragas do Eume organizada polo Departamento de Educación Física.

Asemblea da ANPA

Reunión cos titores

Andaina do Belelle

  

Este mércores os alumnos/as  de 1.º e 4º de ESO realizaron a ruta da "Fervenza do río Belelle". O percorrido de algo máis de dez quilómetros serviu para reforzar o programa de apadriñamento e amadriñamento entre as diferentes promocións do instituto.

Novidades na cafetaría

Os concesionarios da cafetaría escolar, Yésica e Luis, trouxeron este curso novidades na adecuación do local para prestar o mellor servizo á comunidade educativa. Nova decoración das mesas, toldos para a terraza e, como non, moitos bocatas...

 

Camiño de Santiago (1.º BAC)

 

 

O martes, 6 de outubro, o alumnado de 1.º bacharelato realizou a xa trandicional actividade dunha etapa do Camiño de Santiago para comezar con ganas todo curso deportivo que lles queda por diante. Nesta ocasión foron algo máis de 21 quilómetros entre Palas de Rei e Boente.

 gif maker

 

Comezo do programa CUALE (Mércores, 7 de outubro)

 

DATA DE COMEZO: Mércores, 7 de outubro de 2015

HORA: 16:00-18:30

NIVEIS: A2 e B1
             (Non se impartirá este curso o A1 nin o B2)

Condicións e alumnado seleccionado e en lista de espera
no documento adxunto.

 

 

Horario de atención a pais e nais

 Todos os docentes teñen unha sesión de atención ás familias no seu horario semanal.

Recoméndase reservar cita telefónica:

981 47 20 74

Proximamente informaremos do sistema ABALARMÓBILES que permitirá solicitar directamente unha entrevista cos titores a través desta aplicación do teléfono móbil.

Consultar horario

  

Memoria do Banco de Libros (ANPA)

    

Segundo os datos recollidos da memoria, este foi o resultado do Banco de Libros da ANPA:

 

 

Libros prestados: 432

Alumnos que reciben libros: 104

Aforro estimado ás familias: 15.000

 

Froito desta acción, combinada co fondo e as axudas oficiais, a totalidade do alumnado da ESO conta coa maioría dos libros de de texto.

A dirección do centro quere agradecer o labor de todas as persoas que desde a ANPA O Castro fixeron posible esta lección de solidariedade e altruísmo.

Grazas.

Recepción ás familias

Benvida a todas as familias con fillos e fillas no instituto.

Horario das presentación do curso 2015-2016

ESO e Bacharelato

Martes, 15 de setembro

12:15 - 14:25

Transporte escolar nas paradas habituais a partir das 12:00 horas (aprox.)

 

1.º, 2.º e 3.º ESO

12:15 - 13:15____Presentación do curso 15-16 no Salón de Actos.

 

13:20 - 14:25____Entrega de horarios e directrices  xerais cos titores
                       nas aula.

 

 

 

4.º ESO e
BACHARELATO

12:15 - 13:15____Entrega de horarios e directrices xerais cos titores
                      nas aulas.

 

13:20 - 14:25____Presentación do curso 15-16 no Salón de Acto

Familias

Recepción da dirección aos pais e nais

 Martes, 22 de setembro

18:15 horas

 Educación Secundaria de Adultos

Presentación do curso 2015-2016

Martes, 22 de setembro

16:30 – 17:30

Informacións sobre o comezo do curso

ENTREGA DE NOTAS

Venres, 4 de setembro

11:00 horas

RECLAMACIÓNS
         2.º Bacharelato (+info)

4 (e 7) de setembro
4 de setembro

Mañás, 9:00-14:00 horas

MATRÍCULA

7  de setembro
Incidencias: 8 de setembro

Mañás, 9:00-14:00 horas

MATRÍCULA DE ADULTOS (ESA)

Do 1 ao 10 de setembro

Mañás, 9:00-14:00 horas

PREMATRÍCULA PAU (2.º BAC)

7 e 8 de setembro

Mañás, 9:00-14:00 horas

     

COMEZO DAS CLASES (ESO-BAC)

Presentación do curso ás familias

Martes
15 de setembro


O mesmo día pola tarde (aínda sen confirmar)

12:15 - 14:20 horas

COMEZO DAS CLASES - Adultos (ESA)  Sen determinar  
 

 MATRÍCULA

 LIBROS DE TEXTO

Novidades

Prazos
documentación

Impresos

SOBRE DE MATRÍCULA
1.º BAC

Contén todos os documetos que
forman parte do sobre de matrícula
(datos, materias, permisos,
alerta escolar, banco de libros...)

 

Axudas, fondo solidario,
Banco de Libros (ANPA)

Lista de libros de texto
para o curso 2015-2016

   FONDO LIBROS
(xullo)

Listaxe provisional de admitidos
Listaxe provisional de excluidos

Unidades dispoñibles

 

Convocadas as
axudas para a
adquisición de
material escolar

Contratación do servizo de cafetaría escolar para o curso 2015-2016

Resolución

         

RESOLUCIÓN DA BAREMACIÓN DO PROCEDEMENTO PARA A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA CAFETARÍA
 

Documentación:

PRAZO DE PRESENTACIÓN DE PROPOSTAS

Do 25 de xuño ao 15 de xullo

Masterchef de vitaminas

Antes de rematar o curso, o alumnado de 2.º ESO coa súa titora Gabriela Sáchez organizaron o primeiro Masterchef do instituto. Por equipos foron elaborando as súas receitas, previamente redactadas e traballadas nas clases de inglés, e realizando unha pequena exposición e degustación do produto final.

O ingrediente principal foron as froitas e o bo humor. O próximo curso, máis vitaminas!!!

 

 Imaxes na galería

 

Circular ás familias - Fin de curso, 2015

Solicitude de matrícula na Educación Secundaria de Adultos (ESA)

Máis información

 

Documentación:

IV Premio Estudo e Deporte

 

Parabéns a todos/as os participantes!!!
Grazas aos clubs, ANPA e Concellos.

Acta do xurado

GALA DE ENTREGA DOS PREMIOS
Salón de Actos do IES de Mugardos19 de xuño de 2015
(12:30 horas)

1.º Premio do concurso Incubadora de Sondaxes e Experimentos

 

 

1.º Premio - Bacharelato

V Concurso Incubadora de sondaxes e experimentos

da Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación das Operacións (SGAPEIO) para o alumnos Marcelo Couce, Alba Meizoso, Martín Pérez e Sergio Vila dirixidos pola profesora Covadonga Rodríguez-Moldes. O traballo leva por título Rendemento escolar e condutas de risco. Unha investigación en estudantes de secundaria.

É un dos dous proxectos xurdidos na matería de Métodos Estatísticos (2.º Bac) e que se basean no grande estudo estadounidense Youth Risk Behavior Surveillance System (YRSS) traducido e adaptado á nosa comunidade educativa. O outro traballo títúlase Un estudo comparativo de comportamento de risco da xuventude. USA vs Mugardos e foi realizado por Jessica Casteleiro, Fátima Díaz, Yaiza Loureiro e Laura Ordóñez. 

Galería de imaxes
NOVA EN SGAPEIO

 

 

Premios de audiovisual escolar Olloboi

Unha boa representación do equipo de gravación da curtametraxe "Sen batería" asistiu á gala de entrega dos premios Olloboi de audiovisual escolar celebrada este sábado en Boiro. Aínda que non resultamos gañadores nas categorías nas que o noso vídeo seleccionado, foi unha grande experiencia. Parabéns, equipo!!!


 

Distribuir contido