blogue deadmin

Enquisa Bacharelato (Programa Educa2020)

Recentemente presentouse o Programa Educa2020, centrado en analizar as actitudes emprendedoras e innovadoras, os traballos do futuro e as expectativas profesionais do alumnado de Bacharelato e Formación Profesional, por medio dunha enquisa realizada electronicamente.

A devandita enquisa permitirá non só recadar os datos antes mencionados, senón que poderá axudar ao alumnado a reflexionar sobre o seu propio proceso de orientación académica e profesional.

 

Ligazón á enquisa

 

Performance Nós, feminino plural

Torneo de volei mixto

Esta semana deu comezo o torneo de volei por equipos mixtos. Os partidos celebraranse durante os recreos no pavillón.

No Día da ciencia na rúa (A Coruña)

Varias alumnas de 2.º ESO acompañadas pola profesora Carmen Bernabéu representaron ao noso instituto na XXII Día da Ciencia na Rúa que se celebrou este sábado no Parque de Santa Margarida da cidade da Coruña. Foi unha intensa xornada moi concorrida de público, o que contribuíu a realizar os obxectivos desta actividade: presentar a ciencia que se fai nos centros escolares, popularizar o coñecemento científico e dar protagonismo ao alumnado.

Seleccionados/as para a ronda final do concurso Pangea

 

Velaquí os seleccionados/as do noso centros que poderán presentarse á Ronda Final do concurso matemático Pangea. As probas, que se celebran conxuntamente en moitas cidades españolas, realizaranse este sábado, 6 de maio. No noso caso deberán desprazarse a Vigo. Ánimo e sorte a todos os que acompañados das súas familias se presenten.

 

Ciencia en Movemento

A tarde do marte, o alumnado de 1.º ESO compartiu na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) unha clase de ciencias a partir da explicación e experimentación con 50 obxectos científicos. Trátase dunha exposición que leva por título Ciencia en Movemento organizada pola Biblioteca Municipal dentro do programa Ler conta moito.

Curso de "Soporte Vital Básico"

O profesorado terá a oportunidade de asistir a longo das próximas semanas a varias sesión do curso de "Soporte vital básico e desfibrilación externa semiautomática" a cargo da xefa do departamento de Educación Física, Leticia Ogando. Aproveintando a presenza no centro de catro bonecos de práctica para a reanimación cardiopulmonar, pasaran polos grupos de alumnos para recibir coñecementos adaptados de primeiros auxilios.

CURSO PROFESORADO: Soporte Vital Básico e DESA

CURSO:
Soporte vital básico e desfibrilación externa semiautomática

DURACIÓN:
Mínimo 4 horas para diploma.

DOCENTE:
Leticia Ogando

DÍAS:
Do 2 ao 12 de maio

DÍAS E HORAS:

Martes: 10:45..............Pavillón
Mércores: 10:45...........Pavillón
Xoves: 11:35...............Salón de actos ou aula.
Xoves: 12:45...............Salón de actos ou aula.
Venres: 11:35..............Salón de actos ou aula
 

MATERIAIS:

Olimpíada Matemática (2.º ESO)

A mañá do xoves, 27 de abril, celebrouse no IES de Canido de Ferrol a fase de zona da Olimpíada Matemática para alumnado de 2º. ESO. O noso centro estivo representado por Carla, Xoana, Elia e Marcos acompañados do proferor José Luis Mayobre.

O día 7 de maio darase a coñecer a relación dos seleccionados en cada zona para acudir á Fase Final Galega que será o día 18 de maio.

Senderismo nas Fragas do Eume

O alumnado de 3.º e 4.º da ESO puido desfrutar esta semana nas rutas de sendeirismo organizadas polas concellarías de deportes dos Concellos de Ares e Mugardos dentro do programa Deporte Escolar da Xunta de Galicia. A actividade realizouse conxuntamente cos colexios de Ares e Monfero nunha gran xornada de convivencia e actividade física no medio natural.

 

Conversas na biblioteca (Tempo de lembranzas)

No Día do Libro, lembramos o encontro na biblioteca co historiador Miguel A. Rodríguez, autor da obra publicada polo Concello este ano co motivo do 70 aniversario da traxedia da lancha de Mugardos; e María Victoria, supervivente do accidente.

 

Na XI Feira Matemática (A Coruña)

O departamento de Matemáticas participou este sábado na Feira Matemática organizada pola Asociación Galega de Profesorado de Educación Matemática (AGAPEMA) na cidade da Coruña. Acompañados pola profesora Covadonga Rodríguez-Moldes, o grupo de Escala na Escola mantivo o stand moi concorrido de público ao longo de toda a xornada.

 

Viaxe a Londres (CUALE-B1)

Esta tarde comezou a viaxe a Londres que o noso grupo do Programa de Cualificación en Linguas Estranxeiras (CUALE) acompañados pola profesora Gabriela Sánchez. Trátase dun actividade compartida con outros centros da comarca.

Para facer un seguimento desta grande experiencia crearon un blogue no que poderemos seguir a súa andaina pola capital británica. Velaquí o enderezo:

http://therewegotolondon.blogspot.com.es/

Experiencias (Semana das profesións)

No marco da Semana das Profesións, esta mañá tocoulle o turno ás experiencias.Para iso contamos coa presenza de Carolina Iglesias, guionista e youtuber coruñesa nestes momentos afincada en Madrid. Coñecida pola súa participación no programa de humor "Yu: no te pierdas nada" en Los 40 e a canle Percebes y grelos.

 Por outra banda, o alumnado de 1.º bacharelato da materia de Fundamentos de administración e xestión expuxeron os seus proxectos presentados ao premio Desafío Emprende.

 

Semana das profesións: experiencias

No marco da Semana das Profesións, esta mañá tocoulle o turno ás experiencias.Para iso contamos coa presenza de Carolina Iglesias, guionista e youtuber coruñesa nestes momentos afincada en Madrid. Coñecida pola súa participación no programa de humor "Yu: no te pierdas nada" en Los 40 e a canle Percebes y grelos.

 Por outra banda, o alumnado de 1.º bacharelato da materia de Fundamentos de administración e xestión expuxeron os seus proxectos presentados ao premio Desafío Emprende.

Semana das Profesións (1.º ESO)

 

 

O alumnado de 1.º ESO visitou esta mañá as instalacións do Centro de Formación Agraria de Guísamo e mais o Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo. A actividade encádrase dento da Semana das Profesións programada polo departamento de Orientación.

Viaxe fin de curso (4.º ESO) - III

Mañá de actividade física na serra de Guadarrama.

Viaxe fin de curso (4.º ESO) - II

 

Segundo día cun intenso programa de actividades e paseo por Madrid
para rematar co musical "El Rey León".

Viaxe fin de curso (4.º ESO) - I

Primeiro día da viaxe fin de curso de 4.º ESO con varias paradas e visitas, como esta en Segovia, para chegar a destino.

Participación na VIII Olimpíada Galega de Economía

O pasado venres 31 de marzo tivo lugar na Facultade de Economía e Empresa de A Coruña a VIII edición da Olimpíada Galega de Economía. O departamento de Economía do IES Mugardos enorgullécese de ter participado un ano máis, contando coa participación de cinco estudantes de 2º de Bacharelato: Cristina Filgueiras, Raquel Pérez, Alberto Pérez, Miguel Pereira e Adán Rivera. Vaia por diante o noso recoñecemento ao alumnado paticipante pola súa disposición e esforzo. Noraboa!

Proxectos para o Premio Desafío Emprende, 2017

Os profesores do Departamento de Economía, Carmen Meiriño e Manuel López, animaron a todo o  alumnado dos distintos cursos de Economía  4º ESO e 1ºBAC. e máis Fundamentos da Administración e Xestión de 2º BAC.  a participar no concurso Desafío Emprende organizado pola Fundación La Caixa. Este concurso ten os obxectivos de promover os valores e a actitude emprendedora entre os estudantes. Trátase de desenvolver un proxecto empresarial que solucione unha necesidade  detectada na sociedade de xeito innovador e creativo.
A resposta do noso centro foi abraiante, tanto polo número de alumnos que participaron (un total de 14 grupos de 4 a 6 alumnos cada un) coma polo nivel de implicación, traballo e os resultados, mesmo coa presenza en redes sociais, dos proxectos desenvolvidos.
Moitos destes grupos crearon unha web onde divulga as características dos seus produtos como se fose unha empresa profesional. Algúns tamén crearon contas en Facebook, Twitter e outras redes sociais.
Estamos moi orgullosos do traballo feito por todos eles e agora estamos agardando os resultados do concurso. O 7 de abril coñeceranse os 35 seleccionados entre máis de 1400 presentado en toda España  que irán ao  Campus Desafío Emprende en Barcelona a principios de maio. Deses 35, cinco serán os afortunados que han gozar dunha semana de formación en Silicon Valley, San Francisco, a comezos de xullo.
Estaremos entre os elixidos? En calquera caso, o traballo destes rapaces e rapazas merece gran recoñecemento da nosa parte. Parabéns! Gran traballo!

Velaquí os proxectos:

 

 EUREKA

Pulseira intelixente coa función de facilitar a vida daquelas persoas que sofren doenzas relacionadas coa memoria ou menores que nalgún momento da súa infancia se desorienten debido á perda de localización dos seus pais.

 

 

 

FAST PAY

Medio de pagamento en webs e online con diñeiro en efectivo a través do móbil.

 

 

 

 

FEEDPET

Feedpet é dispositivo de alimentación electrónico co que  poderás  darlle de comer e beber a túa mascota  as veces que sexan necesarias e sen estar na casa. Deseñamos un mecanismo que se controla desde o teu móbil, co que programar o sistema y e ver a túa mascota sempre  que o precises.

 

GTC PROJECT

Libro electrónico que aforra peso aos escolares e facilita o traballo dos profesores.

 

 

 

 
 

HELP CLOTHES

As chaquetas intelixentes Help Clothes de baterías están deseñada con sensores que axustan automaticamente a temperatura segundo as preferencias persoais.

 

PROYECTO MEDICA

O proxecto MEDICA está pensado para que a xente maior o con algún tipo de problema non teña a preocupación de memorizar,  cales pastillas tomar ou a qué hora. A nosa solución é un dispositivo que almacena e proporciona os medicamentos  avisando cando haxa que tomalas, con sinais luminosos  e auditivos.

   

 

 

PROYECTO NEPTUNO

Neptuno é un aparello  fabricado en fibra de carbono ultra resistente que permite igual que as branquias extraer el osíxeno presente na auga. Permite a quen queira experimentar a experiencia de mergullase sen límite de tempo.

 

VISIONARY CORPORATION

SmartGlasses son uns lentes intelixentes con capacidade de detección de obstáculos  debido a que incorporan un pequeno sensor na patilla esquerda, sen afectar a comodidade ou estética.

 

 

 

 

SPEED BUS

Trátase dunha aplicación que informa do punto exacto onde está o autobús en cada unha das súas rutas. Pensada para lugares pequenos: aldeas, vilas...

 

 VISUALITÊ

Audition  consiste nun caxato con sensores que captan todo tipo de obstáculos e atrancos que se presenten no camiño. Ademais, incorpora un audífono que proporciona datos sobre a ubicación  no momento exacto e guia cara ao destino solicitado polo propio cliente.

     

 OUTROS:

Hot Freeze, aparello para arrefriamento rápido de bebidas.

Key out, dispositivo para localizar axiña chaves y outros obxectos.

Bag Vibrator, mochila que dá masaxes cervicais e alivia problemas de columna.

Light Consum, aplicación que nos avisa se deixamos luces acesas así como dos consumos eléctricos dos aparellos do fogar fogar.

Visita a Santiago (Hª da Arte e Club de Lectura)

Os grupos do Club de lectura da ESO e mais o alumnado de Historia da Arte de 2.º BAC visitaron esta semana a cidade de Santiago de Compostela. Compartiron a visita guiada da Catedral que inclúe a excepcional  subida aos tellados. Logo, cada grupo realizou varias actividades do seu intese. Entre outras, os clubs de lectura entraron na libraría Follas Novas.

Visualización da realidade trans

 

Esta semana, o alumnado de bacharelato coñecemos un pouco máis a realidade das persoas trans. Na tarde do martes, o alumnado de bacharelato e mais 3.º e 4.º ESO escoitaron o testemuño de Hugo e Loli, pertencentes á asociación Arelas.

Escala na Escola (Programa de excelencia)

   

 As tardes dos martes (15:10-16:10) continúan en marcha as actividades do club científico do programa de excelencia "Escala na Escola". O alumnado inscrito de 2.º e 3º ESO realizan neste período varios obradoiros e prácticas nos laboratorios e aula de tecnoloxía. Na última sesión asistiron a unha demostración práctica de impresión 3D. Participan todos os departamentos científicos, coordinados pola profesora Covadonga Rodríguez-Moldes.

Stop velutina, charla da Asociación Galega de Apicultura

Rafael Díaz, representante da Asociación Galega de Apicultura (AGA), impartiu a tarde do martes unha conferencia para o alumnado da ESO sobre a importancia ecolóxica das abellas e outros polinizadores autóctonos. Salientou a importancia de frear con trampas neste momento inicial da primavera a expansión das avespas asiáticas.

A actividade estivo impulsada polo Concello de Mugardos.

A thousand years of women painters - 1000 anos de arte feminina

Continúa no corredor do centro a exposición que ten como finalidade facer visible a obra artística das mulleres moitas veces silenciada ao longo da historia.

 Os autores da exposición son Teresa Meixide Portos, Rosa María Villar Villamil, Xosé Antón García González.

Entrevista con Miguel Rodríguez, autor do libro sobre o naufraxio da lancha de Mugardos

 

Na biblioteca tivemos o pracer de contar con Miguel Rodríguez, oficial da Armada e historiador, autor do libro sobre o naufraxio da lancha e con Victoria Vazquez, sobrevivinte. O alumnado de 2.º ESO mostraronse moi interesados  e fixeron unha chea de preguntas. Un auténtico pracer.

Próximamente, o vídeo da intervención.

Distribuir contido