Teléfono
 
881 938200

Correo electrónico
 
ies.mugardos@edu.xunta.gal

Enderezo
 
Rúa do Cristo s/n

  15620 Mugardos (A Coruña)

 

                  

PLATAFORMAS E AULAS VIRTUAIS
        EDIXGAL MOODLE ABALAR  
           
  RADIO  REDES   VIDEOCONFERENCIA 
 

   

        

ESO

Rota ciclista escolar

Un ano máis, este venres realizouse a Rota Ciclista Escolar promovida polo Concello. Tres horas de percorrido polos camiños de Mugardos. Aquí está unha boa parte dos nosos representantes no quilómetro cero.

Examen Tema 7

Que actividades comprende o sector primario? (1º parag. pax. 116)

Diferencia agrícola, agrario e rural (3 puntos do aptdo. 1 pax. 116).

Que particularidade ten o valor económico da agricultura? (2º parag. do pto. 2 da p. 116

Explica os principais avances nas técnicas de cultivo (pax. 121 sen glosario).

Cales son as principais características das plantacións? (seis puntos das pax. 122-3)

Que tipos de gando hai? (pax. 124, 2º parag.)

Que melloras houbo na ganderiría? (5º arag., p.124)

Ex. 7. (aptdos sobre gandería intensiva e extensiva, pp. 124-5)

Explica as imaxes das pp. 126-7 (paxs. 126-7) e 136-7 (estudar os puntos 2, 3, 4 e 5 da p. 136)

Ex. 10 (paxs. 126-7) e 11 (só o 2º punto)

Explica os docs. 32 e 33 (definicións dos dous tipos de hábitat, p. 128)

Que teñen en común as fotografías da páxina 128? (apuntamentos de clase)

Que interconexión hai entre o rural e o urbano? (penúlt. e último parágrafo, p. 129)

Ex. 16 (pp.132-3)

que destacarías do texto da pax. 138? (apuntamentos de clase)

Información sobre a nova sección bilingüe en Economía de 1º de Bacharelato

O departamento de Economía pretende informar detalladamente ao alumnado de 4º de ESO e aos seus pais/nais da oferta dunha nova sección bilingüe en Inglés na materia de Economía de 1º de Bacharelato.

Para iso convócase ao alumnado (xunto cos seus pais/nais) de 4º de ESO dos centros educativos da comarca (CPI Conde de Fenosa de Ares, Colexio Loyola de Mugardos e IES Mugardos) a unha reunión que terá lugar no salón de actos do IES Mugardos o vindeiro xoves 23 de maio ás 16'30 h.

Esperamos contar coa vosa presenza para aclarar calquera dúbida e animar a cursar esta nova sección bilingüe de Economía.

Apuñalada una menor que trató de encubrir a su agresor

Preguntas tema 6

Para ensaiar as provincias: http://serbal.pntic.mec.es/ealg0027/esprovin1e.html

Preguntas do tema 6:

Define globalización (1º parágrafo-p. 100). Resume os seus trazos principais (1-2 liñas de cada un)

Rseume os factores da Globalización (1-2 liñas, p. 101)

Que relación ten a Globalización coa desigualdade? (segundo e dous últimos puntos p. 102)

Que posturas existen acerca da Globalización? (p. 102, recadro)

Son verdadeiramente mundiais o FMI e o Banco Mundial? (parágrafo tras punto do FMI, p. 103)

Define BRIC (todo o 2º punto do 5., p. 104)

En que áreas se concentran os países máis ricos? (Asia oriental e meridional, Europa e América setentrional)

Que factores hai do poder económico estadounidense? (p. 104)

Definición PIB e Renda per cápita (Glosario, 105)

En que sectores económicos destraca Xapón? (novas tecnoloxías, autmoción, navieiro e robótica)

Que problemas ten? (final p. 105)

Explica a presenza económica de China no mundo (dous primeiros parágrafos e punto referido á internacionalización das empresas, 107)

que desequilibrios hai en China? (107, penúltimo parág.)

Explica o crecemento dos outros tres BRIC (dous primeiros parag. de cada un, 108-9)

Que lugares do mundo pasaron da pobreza a unha rápida industrialización e como? (parag. sobre os dragóns asiáticos, p. 109)

Barna (VI): Cataláns en Mugardos

Cataluña e Mugardos teñen unha longa e fructífera relación. Por cortesía de Covadonga, vai este artigo de Xoan Rubia: http://www.diariodeferrol.com/opinion/xoan-rubia/catalans-en-mugardos/20...

Irmandade coa biblioteca do IES As Fragas do Eume (Club de lectura)

Esta mañá o Club de Lectura participou en Pontedeume no acto de confraternización entre o Club de Lectura e a biblioteca do IES Fraga do Eume dentro dos actos de conmemoración do 25º aniversario de ambos os centros. A visita comezou cunha confencia de Carlos de Castro Álvarez, autor da novela La casa de la linterna. A continuación visitamos os lugares polos que transcorre a obra lida e comentada para a ocasión polo alumnado asistente. A mañá rematou cun magnífico xantar ofrecido na Escola de Hostelería.

Fotos na Galería

Barna (V): Setze jutges d'un jutjat mengen fetge d'un penjat; si el penjat es despengés es menjaria els setze fetges dels...

trabalenguas catalan: Setze jutges d'un jutjat mengen fetge d'un penjat; si el penjat es despengés es menjaria els setze fetges dels setze jutges que l'han jutjat.

(Dieciséis jueces de un juzgado comen hígado de un ahorcado; si el ahorcado se descolgara, se comería los dieciséis hígados de los dieciséis jueces que le juzgaron).

http://educacion.uncomo.com/video/como-pronunciar-el-trabalenguas-catalan-setze-jutges-17535.html

El Barri gòtic

El Born:

http://www.vacaciones-espana.es/El-Born

Casa Batlló

http://www.rtve.es/alacarta/videos/la-aventura-del-saber/aventura-del-saber-casa-batllo-gaudi/1671415

 

El Paseo de Grácia del siglo XXI

http://www.rtve.es/alacarta/videos/zoom-tendencias/zoom-tendencias-paseo-gracia-del-siglo-xxi-08-12-12/1605136/

La casa Milá

megaconstrucciones-Barcelona

Evolución del metro de Barcelona: 1924 - 2010

 

 

 

Fútbol e petróleo: moitas cousas en común

http://internacional.elpais.com/internacional/2013/04/26/actualidad/1366...

Resumir e analizar. Lembro o exame (obligatorio) o 6 de xuño.

Espero que vos guste o artigo.

Barcelona (III)

Nos minutos 3:00 a 5:30 fala dun "museo-atracción" que quizais interese. Está xunto ó Parque Güell e vale 7 euros.

http://www.rtve.es/television/20120727/miradas-25-agost/550801.shtml

Barcelona (II)

Por si queredes ir botando un vistazo, estas son imaxes dunha das zonas máis bonitas da cidade: o Paseo de Gracia. Vos diredes se queredes ir.

http://es.slideshare.net/CaColomerCa/barcelona-passeig-de-grcia

Barcelona (I)

Este é o primeiro dos tres videosda serie. Tedes que ver esta e a segunda parte (con outros tres videos) e facer un resumo con propostas. De non facelo, Serafin e máis eu decidiremos que ver. Vos veredes...En calquera caso, poñóos todos os anos en 2º de BAC e sempre lles gustou (e mo pedían).

 

http://www.youtube.com/watch?v=LSH61JEkNC

o

Entrega dos tapóns solidarios a AS.PA.NE.MI

A presidenta de AS.PA.NE.MI, Montse Fraga, recolleu esta mañá os sacos de tapóns que ao longo do curso fomos recollendo na entrada do instituto. Un grupo de 2.º ESO escoitou as palabras de agradecemento e invitación a continuarmos coa campaña. Tamén asistiu ao acto Sindo, da cafetería do centro, e contamos coa presenza de Lela, a avoa de Alba para quen irán destinados os fondos recadados e a quen enviamos unha aperta solidaria.

Imaxes na Galería

Premio Emprende Xove 2013

click here

1.º Premio Emprende Xove da Asociación Jóvenes Empresarios (AJE) de 
Ferrolterra 
ao proxecto presentado por Javier Maceiras (3.º ESO). 
Parabéns a todos os participantes e a  Mara, profesora do 
Obradoiro de Iniciativas Emprendedoras.
Galería de imaxes
Diario de Ferrol

China: o lugar onde se fan cousas.

http://elpais.com/elpais/2013/04/11/eps/1365680995_900190.html Resumir, analizar e opinar (Paula debe un traballo -ou dous-)

Visita a Lugo (3.º e 4.º ESO)

Dentro do Proxecta Terra, o alumnado de 3.º e 4.º participaron nunha completa visita guiada pola cidade amurallada. Malia a xornada de choiva, tiveron oportundade de coñecer o Museo Arqueolóxico, a Casa dos Mosaicos, o barrio da Tinería e o paseo fluvial.

Horror en Guatemala: ¿haberá xustiza? (para pendentes de 3º)

http://internacional.elpais.com/internacional/2013/04/05/actualidad/1365...

Xa sabedes: resumir, analizar (pensar un pouco) e dar opinión persoal.

Ratos no laboratorio

Dentro do proxecto A historia nunca contada de Mendel, promocionado pola Fundación Barrié, xa están no laboratorio as dúas parellas de ratos. Presentámolos polo seu nome. Son RÓMULO e ROMI; e MIQUI E MINI.

 
Galería de imaxes

O obxectivo da activididade é facilitar a aprendizaxe dos principios básicos necesarios para comprender a xenética, aproximar a investigación á aula e motivar ao alumnado cara ás disciplinas científicas. Máis información en Ratos no laboratorio.

  

Deporte na Escola (1º e 2º ESO)

creatorEncontro deportico co IES Saturnino Montojo (marzo, 2013)

Fotos na Galería

Proxectos emprendedores

O suplemento El Comarcal (marzo, 2013) de La Voz de Galicia recolle os tres proxectos presentados ao concurso da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE). Ler o artigo.

Soldados españoles torturando

Este é o traballo desta semana para os pendentes de Sociais de 3º ESO. Bernabé e Carla deben un traballo. De non entregalo xunto con éste, estarán suspensos.

http://politica.elpais.com/politica/2013/03/15/actualidad/1363371190_083...

Visita de Yelda, Paola e Juan

Esta mañá recibimos a visita de Yelda, Paola e Juan para falar da súa experiencia ao carón do vertedoiro de lixo máis grande de América Central. Trátase dunha actividade desenvolta pola ONG Solidariedade Internacional na que participou este curso o alumnado de 3.º e 4.º ESO. 

Máis información

 

 

 

 

O cerebro, 15 W de potencia

O alumnado de 3.º e  4.º ESO asistiu onte ao espectáculo de ciencia "O cerebro. 15 W de potencia”.

Foto e nova no Diario de Ferrol

Fotos na Galería

Ensaladilla rusa? Non, ensalada Olivier

Hoxe visitamos Rusia de novo grazas a Natalia. Nesta ocasión vimos metros que lembran museos e están 100 metros baixo a superficie, furgonetas piratas de transporte, o costume de darlle flores ós profesores o 1º día de curso, o hábito lector, que o 1º día de clase o alumno maior leva á máis nova a tocar o timbre, aprendimos que é un patronímico, que os títulos se poden mercar (casi na rúa), que construiron piscinas en iglesias na época soviética, que as iglesias máis importantes teñen máis cúpulas, que os rusos usan moito o iogur que nós chamamos grego, que ós tíos e ós profesores se lles trata de vostede (e a casi todo o mundo), que teñen dous anos novos e que a ensaladilla rusa se coñece como...ensalada Olivier (sin aceitunas nin atún) http://en.wikipedia.org/wiki/Olivier_salad

Blog da titoría de 2.º ESO B

A titoría de 2.º ESO-B conta cun blog para rexistrar a actividade académica como o calendario de exames, entrega de traballos, etcétera.

O enderezo é  
http://2esobmugardos2013.blogspot.com.es/

Ata o momento, exercen de administradoras as alumnas Cristina e Marica

Visita ao MUPEGA

O Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) recolle na súa páxina a visita do alumnado de 1.º ESO esta semana e lémbranos un dos tesouros da colección: a máquina de cine doada pola Unión Mugardesa.

Nestoutra foto, todo 1.º ESO nunha aula do século pasado.

Distribuir contido