Taboleiro
CICLO SUPERIOR AUTOMOCIÓN. PRESENTACIÓN PROXECTO EN AUTOMOCIÓN
CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA: LUNS 4 DE DECEMBRO DE 2023 DE 09:30 A 13:30 HORAS
LUGAR: AULA 2º CS AUTOMOCIÓN
Será necesario entregar a presentación en soporte pendrive
LIBROS DE TEXTO E VALES MATERIAL CURSO 2023/24
Publicada a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas en FONDOLIBROS 2023/24. Poderán consultarse na aplicación fondolibros ou no taboleiro do IES de Curtis.
Os libros entregaranse en setembro ao alumnado. Os vales de material estarán dispoñibles en setembro e terá que ser recollido pola persoa solicitante ou persoa autorizada. Achégase modelo de autorización que se deberá presentar asinada xunto cunha fotocopia do NIF da persoa autorizante e da autorizada.
PAGO TAXA TÍTULO CICLOS MEDIO E SUPERIOR
ALUMNADO QUE TITULA EN CICLOS
O pago da taxa para solicitar o título de Técnico pode facerse dende a páxina da atriga
Deberase presentar o xustificante de pagamento no IES. Xuntase unha guía do proceso.
Na aula virtual do centro hai un curso de axuda no proceso. Está matriculado todo o alumnado de Ciclos que titulou.
No caso de ter dereito a taxa reducida por familia numerosa hai que entregar documento que acredite esa situación.
MATRÍCULA CICLOS FORMATIVOS E FP BÁSICA
Documentación a presentar para alumnado de novo ingreso no centro:
MATRÍCULA ESO E BACHARELATO CURSO 2023/24
Data preferente de matrícula: 26 e 27 de xuño de 2023
Preferiblemente, e a fin de evitar desprazamentos, o impreso de matrícula e formulario de autorización de uso da imaxe enviaranse asinados electrónicamente ao correo administracion@iesdecurtis.gal dende a conta do dominio do IES (...@iesdecurtis.gal) do alumnado.
Documentación a presentar:
PROBAS LIBRES CICLOS FORMATIVOS
DATAS PROCESO PROBAS LIBRES CICLO MEDIO ELECTROMECÁNICA DE VEHÍCULOS
XORNADA DE ACOLLEMENTO LUNS 12 DE XUÑO DE 2023 ÁS 9:00 HORAS (SECRETARÍA IES CURTIS)
1º EXAMEN FOL (Teórico e eliminatorio): martes 13 de xuño as 8:30 aula de 2º de CM ELVE.
2º EXAMEN FOL (Práctico e supostos): venres 16 de xuño as 8:30 aula de 2º de CM ELVE.
AXUDAS MATERIAL ESCOLAR E LIBROS DE TEXTO CURSO 2023/24
Ven de ser publicada a ORDE do 10 de maio de 2023 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2023/24 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H)
RESERVA PRAZA CURSO 2023/24
Está aberto ata o 6 de febreiro o prazo para realizar reserva para o curso 2023/24. Máis información na seguinte ligazón:
https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
Os impresos poden descargarse na ligazón anterior, neste espazo ou solicitalas no centro. Poden entregarse no centro ou a través da sede electrónica. O alumnado matriculado en 1º, 2º ou 3º de ESO e 1º de Bacharelato non é necesario que presente impreso de reserva.
AMPLIACIÓN AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR
As persoas que foron beneficiarias de vale de material no curso 2022/23 poden recoller na secretaría do IES de Curtis os vales de 25 Euros para material escolar por ampliación das axudas en virtude da RESOLUCIÓN do 5 de outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022.
Pode consultarse a citada Resolución nesta ligazón
Presentacións e comezo das clases
O servizo de transporte escolar e o festivo local o día 8 se setembro condicionan o comezo do curso, que seguirá o seguinte esquema:
VENRES 9
8:30 - Presentación ESO e Bacharelato
10:30 - Comezo das clases
LUNS 12
11:00 - Presentación Automoción (Ciclo Básico, Ciclo Medio e Ciclo Superior)
12:00 - Presentación Informática (Ciclo Medio)
MARTES 13
8:30 - Comezo das clases en FP
