Taboleiro

AXUDAS FCT E FP DUAL

Ven de ser publicada no DOG a ORDE do 7 de xuño de 2022 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo ou FP Dual (código de procedemento ED202A).

Nesta ligazón poderás consultar o contido da citada Orde.

Exames de xuño

Exames Xuño ‘22



FONDO LIBROS 2022/23

IMPORTANTE: O PRAZO REMATA O VINDEIRO MÉRCORES 22 DE XUÑO

Aberto o prazo para participar na convocatoria do Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar correspondente ao curso 2022/23.

O prazo de  entrega de solicitudes remata o 22 de xuño de 2022

Máis información e obtención das solicitudes:

Concreción curricular - Criterios de promoción e titulación

Poden consultarse no seguinte documento os criterios de promoción e titulación para o curso 2021/22.

PONDERACIÓN MATERIAS. ABAU 2022/23

Ven de ser publicada no DOG do 28 de abril de 2022 a Resolución do 11 de abril de 2022 pola que se nomean os membros da Comisión Interuniversitaria de Galicia e se publican os parámetros de ponderación de materias troncais de modalidade e materias de opción da proba de avaliación de bacharelato para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do Sistema universitario de Galicia para o curso 2022/23.

RESERVA PRAZA ESO E BACHARELATO CURSO 2022/23

Aberto o prazo de solicitude de reserva de praza en ESO ou Bacharelato para o curso 2022/23.

Prazo de presentación de solicitudes: 11 de xaneiro ao 8 de febreiro.

Información e solicitudes na seguinte ligazón:

admisionalumnado (xunta.gal)

CONSELLO ESCOLAR. VOTACIÓN REPRESENTANTES PAIS/NAIS

EMITE O TEU VOTO

Mañá xoves 25 de novembro, de 16:30 a 17:30 horas celebrarase no IES de Curtis a votación para elixir representate de nais/pais no Consello Escolar.

MATRÍCULA FP BÁSICA E CICLOS FORMATIVOS CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA

FP Básica:

Prazos de matrícula: 15 ao 22 de setembro

Listaxes admitidos, anexos e mais información aqui

A entregar para a matrícula:

  • 4 fotos
  • Resgardo de pagar o seguro escolar (1,12 euros) Pode facerse o ingreso na conta ES73 2100 8031 0005 8798 de Caixabank, ou na conta ES70 2080 0024 1830 4001 7275 de Abanca. Indicar no concepto "Seguro escolar e nome do alumno/a"

Ciclos formativos:

Comezo de curso - Presentacións

As presentacións dos distintos cursos levaránse a cabo segundo o seguinte horario:

 

Mércores 15 de setembro:

9:30 - 11:00 - 1º ESO

11:00 - 12:00 - 2º ESO

12:00 - 13:00 - 1º Bacharelato

 

Xoves 16 de setembro

10:00 - 11:00 - 3º ESO

11:00 - 12:00 - 4º ESO

12:00 - 13:00 - 2º Bacharelato

 

Venres 17 de setembro

10:30 - Ciclo Básico Mantemento de Vehículos

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar 2021/22 PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS

Veñen de ser publicadas as listaxes provisionais de solicitudes de participación na convocatoria de participación no fondo solidario de libros de texto e material escolar para o curso 2021/22.

Segundo establece o artigo 13 da ORDE do 6 de maio de 2021 (DOG 20 de maio de 2021) as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital.

As listaxes tamen poderán ser consultadas no taboleiro do IES.

Distribuir contido