DOG
DISTRIBUCIÓN MÁSCARAS ENTRE ALUMNADO ESO (Orde 6/11/2020)
Premendo aqui pódese consultar a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.
CONVOCATORIA PREMIOS EXTRAORDINARIOS ESO
Xúntase a ORDE do 26 de abril de 2018 pola que se convocan os premios extraordinarios de educación secundaria obrigatoria ao rendemento académico correspondentes ao curso 2017/18.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes; comezará o día 7 de xuño de 2018 e rematará o día 6 de xullo de 2018.
Requisitos: (Artigo 3)
MANIPULACIÓN DE GASES FLUORADOS
Na seguinte ligazón pódese consultar a ORDE do 8 de xaneiro de 2018 pola que se establece o procedemento de expedición de certificados das persoas que manipulen gases fluorados e os equipamentos baseados neles.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180123/AnuncioG0164-150118-0002_gl.pdf
Axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012
Na seguinte ligazón podedes consultar a Orde do 22 de febreiro de 2012, publicada no DOG do 5 de marzo, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.
Premios de innovación educativa
No DOG nº 110, do 8 de xuño, pode consultarse a Orde do 27 de maio de 2009 pola que se convocan premios á innovación educativa para profesorado e centros públicos de ensino non universitario dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria
No DOG de hoxe (12/05/09) saen publicados os seguintes temas de interese
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Orde do 27 de abril de 2009 pola que se convocan axudas económicas para compensar gastos derivados dos accidentes de tráfico de persoal en función docente ou inspectora.
Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: - 09100D002P007.PDF
Orde do 30 de abril de 2009 pola que se convocan axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo correspondentes aos estudos de ciclos formativos de grao medio e superior de formación profesional, módulos profesionais experimentais, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e programas de cualificación profesional inicial.
Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: - 09100D003P011.PDF
Orde do 27 de abril de 2009 pola que se fan públicas as vacantes definitivas dos corpos de catedráticos de ensino secundario, catedráticos de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de artes plásticas e deseño, profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño e de inspectores de educación para o curso 2009-2010.
Versión completa da disposición nun ou varios arquivos pdf: - 09100D013P053.PDF
