Física e química

MANUAL PRÁCTICO DE QUÍMICA

www.funil.gal

 

Este manual foi presentado oficialmente o 19 de novembro de 2016 no congrso de ENCIGA, aínda que leva colgado na rede desde febreiro deste ano. Trátase dun sinxelo manual onde se propoñen varias prácticas de laboratorio usando materiais cotidianos de fácil acceso. Esta prácticas están en formato .pdf e en vídeo (incluso podemos velos directamente nunha sección que posúen en Youtube).

Repaso ondas

REPASO ONDAS


1.-Dúas ondas que se propagan polo mesmo medio interfiren nun punto a 1’5 m do foco emisor dunha onda e a 1’75 m do da outra.Se a ecuación das dúas é y = 0’25 cos 4π (10 t –x) SI determina:a)λ,b)se a interferncia será constructiva ou destructiva

2.-Dúas ondas coherentes,de 40 Hz,propáganse á velocidade de 20 m/s.Calcula o tipode interferncia en:a)punto A que dista 12 cm dun foco e 10’5 cm do outro

b)punto B a 6’25 cm dun foco e a 8 cm do outro

c)punto C que dista 5 cm dun foco e 9 cm do outro

3.-U n raio de luz incide desde o vidro ( n = 1’52) sobre una superficie de separación co aire.Determina:

a)ángulo de refracción se o de incidencia é de 30º

b)ángulo límite

c)se se producirá reflexión total para un ángulo de incidencia de 45º

4.-Un foco emite ondas electromagnéticas de 1’5 MHz nun medio de n = 1’2.Calcula λ no aire e λ no medio

5.-Un feixe de luz de 500 nm de lonxitude incide desde o aire sobre un material transparente cun ángulo de 42º coa normal e refráctese cun ángulo de 25º.Calcula:a)n do material,b)velocidade da luz e λ no medio.

6.-Calcula o ángulo límite para a luz que pasa dun medio de n = 2 ó aire.


 

Distribuir contido