Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar 2021/22 PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS

Veñen de ser publicadas as listaxes provisionais de solicitudes de participación na convocatoria de participación no fondo solidario de libros de texto e material escolar para o curso 2021/22.

Segundo establece o artigo 13 da ORDE do 6 de maio de 2021 (DOG 20 de maio de 2021) as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital.

As listaxes tamen poderán ser consultadas no taboleiro do IES.

As persoas solicitantes ás que correspondan un mínimo de 6 libros e non figure ningunha condición na listaxe, poderán recoller a partires do mércores 14 as 11:00 horas os vales de material escolar. Os vales deberán ser recollidos pola persoa solicitante ou persoa autorizada (xúntase a modo orientativo modelo de autorización).

AdxuntoTamaño
Modelo autorizacion.pdf23.66 KB