Taboleiro

EXAMES DA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE 2º BACHARELATO

 

Os exames correspondentes á convocatoria extraordinaria de 2º de Bacharelato terán lugar do seguinte xeito:

 

Detectado UN positivo por COVID-19

 

Comunícase á comunidade escolar do IES de Curtis a confirmación de UN caso positivo por COVID-19 no noso centro. Desde o comezo de curso, este é o cuarto caso.

DISTRIBUCIÓN MÁSCARAS ENTRE ALUMNADO ESO (Orde 6/11/2020)

Premendo aqui pódese consultar a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.

FONDO LIBROS 2020/21. LISTAXE DEFINITIVA

Xúntase a listaxe definitiva de solicitudes admitidas na convocatoria do fondo solidario de libros de texto e material escolar para o curso 2020/21 (ORDE do 12 de maio de 2020 – DOG 19 de maio de 2020). Nesta listaxe poden comprobarse os fondos asignados a cada alumn@, no caso de dúbida ou para calquera aclaración contactar co centro mediante o enderezo electrónico ies.curtis@edu.xunta.es ou no teléfono 881880620

CONVOCATORIA BECAS CURSO 2020/21

Ven de ser publicada a convocatoria de Becas para o curso 2020/21. As solicitudes deberán facerse de xeito telemático. O prazo de solicitude de beca para estudos de bacharelato e FP remata o 1 de outubro de 2020.

Mais información na seguinte ligazón:

https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

Pódese consultar a normativa pola que se regula a convocatoria de becas xerais, para necesidades educativas especiais e o RD que regula os umbrais de renda da unidade familiar na seguinte ligazón:

CICLOS FORMATIVOS 2020/21. ADXUDICACIÓN

Veñen de ser publicadas as listaxes de persoas con prazas adxudicadas a ciclos formativos para o curso 2020/21, que poden ser consultadas na seguinte ligazón:

FONDOLIBROS CURSO 2020/21. LISTAXES PROVISORIAS E VALES

Xúntanse as listaxes provisionais de solicitudes admitidas e excluídas na convocatoria do fondo solidario de libros de texto e material escolar para o curso 2020/21 (ORDE do 12 de maio de 2020 – DOG 19 de maio de 2020)

LIBROS DE TEXTO CURSO 2020/21

Documento coa listaxe de libros de texto para o curso 2020/21

CICLOS FORMATIVOS. ADMISIÓN

Aberto o prazo de admisión a ciclos formativos para o curso 2020/21.

Mais información sobre o proceso de admisión e oferta educativa na seguinte ligazón:

http://www.edu.xunta.gal/fp/inicio-proceso-admision-ciclos-formacion-pro...

MATRÍCULA EN 2º CURSO DE CICLOS FORMATIVOS:

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS CURSO 2020/21

O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES REMATA O 19 DE XUÑO DE 2020

Distribuir contido