Detectado UN positivo por COVID-19

 

Comunícase á comunidade escolar do IES de Curtis a confirmación de UN caso positivo por COVID-19 no noso centro. Desde o comezo de curso, este é o cuarto caso.

 

O estudo de contactos é un proceso no que se identifican os contactos estreitos dun caso confirmado cuns criterios establecidos polas autoridades sanitarias. Se a súa filla ou o seu fillo é un contacto estreito, as autoridades sanitarias contactarán con ela ou el. Nese momento, daranse as indicacións necesarias.

 

O resto da comunidade educativa pode seguir acudindo ao centro con normalidade, extremando as medidas de precaución e vixiando a aparición de síntomas compatibles coa COVID-19.

 

Se precisa máis información, o Servizo Galego de Saúde pon á súa disposión á seguinte web.