Taboleiro

NOTA URXENTE!!!!! ACLARACIÓNS SOBRE AS PROBAS DE SETEMBRO CURSO 16/17

Aclaracións sobre as probas de setembro a relizar polo departamento de Xeografía e Historia.

VENRES 1, 16:00 – 17:30: XEOGRAFÍA de 2º BAC .

LIBROS DE TEXTO CURSO 2017/18

Achégase a listaxe de libros de texto para o curso 2017/18

CONVOCATORIA FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR CURSO 2017/18

Achégase a ORDE do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18.

Tamén se xunta un resumo das bases e as datas de publicación das listaxes polo IES e a solicitude.

BECAS 2016/17

Achégase:

Extrato da Resolución da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, pola que se convocan axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2016-2017

LISTAXE PROVISIONAL ADMITIDOS FONDO SOLIDARIO (1º E 3º ESO)

Xúntase a listaxe provisional de admitidos no programa Fondo Libros para o curso 2016/17, (cursos 1º e 3º de ESO).

ADXUDICADOS A CICLOS MEDIOS OFERTADOS NO IES CURTIS

Achégase a listaxe de adxudicados para os Ciclos ofertados no IES de Curtis. O prazo de matrícula ou renuncia é dende o 19 ao 26 de xullo ás 13:00 horas.

O alumnado que se matricule en 1º Curso deberá presentar:

- 4 fotos tamaño carnet

- Modelo de solicitude de matrícula cuberto

- Impreso de pagamento do seguro escolar (1,12 Euros)

- Copia do DNI e Tarxeta sanitaria.

- No caso de menores de idade fotocopia dos DNI dos pais.

- Certificación académica ou documento que acredite o acceso

PROBAS DE ACCESO A CICLOS. CONVOCATORIA 2016

No seguinte arquivo podedes consultar a ORDE do 2 de febreiro de 2016 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2016.

 

Convocatoria Becas estudos postobrigatorios curso 2015/16

Veñen de ser publicadas no BOE as seguintes disposicións polas que se convocan becas para estudos postobrigatorios para o curso 2015/16:

Distribuir contido