Taboleiro

Orla 2º de Bacharelato

Está a vosa disposición na Vicedirección a orla de 2º de Bacharelato da promoción 2010-2011. O custo da mesma é de 5 €

Modificacións na ponderacións de varias materias en selectividade

Na seguinte ligazón podedes aceder ó documento publicado no DOG coas modificacions na ponderación de varias materias en selectividade.

Aloxamento en Santiago de Compostela para realizar as probas da Selectividade no curso 2010-2011

07/06/2011 12:00
10/06/2011 12:00
Etc/GMT+1

Como ven sendo habitual o IES de Curtis reservou aloxamento para o alumnado que acudirá a realizar as probas de Selectividade que se celebrarán dende o 8 o 10 de xuño.

O alumnado deberá presentarse no hostal o día 7 antes das 20 horas co DNI, en caso de ser maior de idade, ou acompañado do seu pai, nai, titor ou titora, en caso de ser menor de idade, co fin de formalizar a reserva.

O prezo por persoa era o ano pasado de 23 €, con desayuno, e esperamos que este ano o manteña.

Circular recibida dende a CIUG

Este é o contido da circular recibida dende a CIUG por se é do voso interese

Convocatoria de premios extraordinarios de bacharelato

Publicada no DOG a orde pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato para o curso 2010/2011.

Reclamacións das cualificacións de 2º de bacharelato. Curso 2010/2011

Mér, 18/05/2011 - 12:42

Publicación da Circular nº 5/2011 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do bacharelato establecido na Lei orgánica 2

Orla de fin de curso de 2º de Bacharelato

18/05/2011 08:45
18/05/2011 14:25
Etc/GMT+1

Convócase o alumnado e profesorado de 2º de Bacharelato para o mércores 18 de maio na Vicedirección para realizar as fotografías para a orla de fin de curso.

Cea de fin de curso de 2º de Bacharelato

21/05/2011 22:00
21/05/2011 23:59
Etc/GMT+1

O alumnado de 2º curso de Bacharelato organiza unha cea de fin de curso para o día 21 de Maio e convida ó profesorado que lle impartiu clases a asistir a mesma.

A cea terá lugar en Melide, probablemente na Pousada Chiquitín , o menú e o prezo comunicarese proximamente.

Ponderación de materias para a selectividade

Publicado no DOG do 10 de maio os membros da comisión interuniversitaria de Galicia e os parámetros de ponderación das materias da fase específica da proba de acceso á Universidade. No DOG do mércores 11 de maio publicouse unha corrección de erros. Xúntanse os dous arquivos.

Distribuir contido