Circular recibida dende a CIUG

Este é o contido da circular recibida dende a CIUG por se é do voso interese

"Comunicámoslles que, no presente curso académico 2010-2011, a Ciug decidiu prescindir dos sobres de matrícula, así como das habituais Guias que proporcionaban información aos estudantes. Toda esta información estará recollida na Páxina Web da Ciug (http://ciug.cesga.es)

  Lembrámoslles tamén a necesidade de advertir ó alumnado de que na propia folla de matrícula (parte superior dereita) xa figura o “código de acceso de Nerta” co  fin de que poidan realizar, na aplicación Nerta, as consultas e trámites que precisen.

 Por último poñemos no seu coñecemento que, no CARTEL que contén o calendario da proba de acceso  e admisión, enviado recintemente aos centros, se detectou un erro que desexariamos que se corrixira. No apartado correspondente ao mes de setembro, onde pon “7 RECLAMACIÓN ÁS CUALIFICACIÓNS DO BACHARELATO” debe poñer “5-6 RECLAMACIÓNS ÁS CUALIFICACIÓNS DO BACHERELATO”, tal como figuraba no “Calendario de Organización da Proba de Acceso á Universidades do proceso de Matriculación no Sistema Universitario de Galicia” enviado no seu momento a todos os centros."