Skip to Content

Recursos

Semana da froita no IES Coruxo

Nesta semana e na vindeira estase celebrando no instituto a semana da froita. Nesta semana o noso alumnado poderá disfrutar, entre outras, de mazás, platanos, peras, mandarinas de xeito totalmente gratuíto. Bo proveito

 

 

 

 

Estatísticas 2ª avaliación

Achegamos as estatísticas da 2ª avaliación para consulta da comunidade educativa

8 de Marzo. Día da muller traballadora

Numerosas actividades realizáronse no IES Coruxo ao longo da semana do 5 ao 9 de marzo. Aínda estamos inmersos no concurso de Identifica ás mulleres, fainas visibles. Publicamos algunhas fotos destas actividades.

Celebración do 14 de febreiro no IES Coruxo

Como vén sendo habitual, o alumnado do IES Coruxo compartiu cartas de amizade e amor. Aquí tedes algunhas imaxes da emocionante mañá

Xadrez no IES Coruxo

Xa comezou, como noutros anos, o xadrez nos recreos do IES Coruxo. Iremos subindo fotos desta interesante actividade. De momento o noso xadrez xigante.

Exposición "Despiece". Departamento de tecnoloxía

Achegamos imaxes da exposición de despiece organizada polo departamento de tecnoloxía.

 

Transporte escolar

Liñas de autobús e paradas do IES Coruxo. Pódense ver nos documentos adxuntos

Visita á exposición Da Vinci

O noso alumnado visitou a exposición adicada a Leonardo da Vinci. Grandes experiencias, grandes inventos.

 

 

Saída á pista de patinaxe sobre xeo

O noso alumnado de 1º e 2º da ESO visitou a pista de patinaxe sobre xeo. Patinaron, caíron, divertíronse.....

Unha gran esperiencia para o noso alumnado.

Estatísticas notas 1ª avaliación

Achéganse as estatísticas de notas da primeira avaliación en documento adxunto

Vigo berra"non" á violencia de xénero

O alumnado do IES Coruxo participou na actividade que berrou"non" á violencia de xénero. Podemos ver o alumno David lendo o manifesto.

imaxe imaxe alumno

 

Fotos do Faro de Vigo: http://www.farodevigo.es/multimedia/fotos/gran-vigo/2017-11-24-109492-vigo-contra-violencia-machista.html

Samaín no IES Coruxo

Celebración do Samaín no IES Coruxo: concurso de cabazas, paneis informativos, lecturas recomendadas...

Visitas á exposición do Pergamiño Vindel

O noso alumnado de 3º e 4º de ESO e 1 e 2º de Bacharelato visitaron a exposición adicada ao Pergamiño Vindel. Dieixámosvos algunhas fotos das visitas

 

ABALAR MÓBIL

imaxe abalar móbil

As familias que descarguen abalarMóbil van a poder dispoñer das seguintes funcionalidades: 
•Acceder aos datos persoais
•Consultar as cualificacións
•Consultar e xustificar as faltas de asistencia
•Consultar as faltas de conduta
•Solicitar unha cita de titoría
•Consultar os datos do centro educativo
•Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
•Consultar as  incidencias creadas polo profesorado
•Modificar o idioma da aplicación
 
A aplicación abalarMóbil está dispoñible para os pais, nais e titores legais do alumnado matriculado nos centros educativos de Galicia de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos. Tamén poden acceder os estudantes cando son legalmente responsables de si mesmos.
 
Están a disposición das familias unha guía, na que se mostran as diferentes funcionalidades e servizos que os representantes legais poden utilizar dende o seu teléfono móbil, e un formulario para realizar consultas ou  tramitar incidencias relacionadas coa aplicación abalarMóbil.
 
Pódese consultar no arquivo adxunto a guia da aplicación para as familias
Distribuir contido


by Dr. Radut