Skip to Content

Recursos

Viaxe á neve

Como vén sucedendo nos últimos anos, o  noso alumnado viaxou a Jaca para desfrutar da práctica de esquí. Aquí deixamos algunhas imaxes

Patinaxe sobre xeo

Como todos os anos por estas épocas, o noso alumnado desfrutou da pista de patinaxe sobre xeo. Convivencia, deporte, caídas e moita risas.

Convocatoria Vigo en inglés 2019

Achéganse as instrucións para a participación no programa Vigo en inglés 2019

 

 

No documento adxunto atoparedes as instrucións

Despedida do noso director Avelino

Como sabedes, o final do trimestre tróuxonos a xubilación do noso director, Avelino. Desexándolle o mellor nesta nova estapa da súa vida, e como homenaxe, aquí tedes algunhas imaxes dese día

 

   
 
 
 
 
 
 

 

 

Club de lectura A Curuxa Lectora

Celebrouse a reunión correspondente do noso club de lectura. Esta é unha actividade compartida entre alumnado e profesorado que no centro aprezamos moito e que serve para a profundización do proceso de aprendizaxe do noso alumnado. Deixamos unhas fotos que ilustran esta reunión

Magosto 2018

Como vén sendo tradicional, celebrouse no instituto o magosto. O noso alumnado participou cortando as castañas, coméndoas, participando nos xogos populares, participando no torneo de xadrez "Magosto 2018" e no resto de actividades. Queremos destacar a implicación do alumnado na organización das actividades levadas a cabo neste día de celebración.

Actividades do día contra a violencia de xénero

O noso alumnado participou activamente nos actos do día contra a violencia de xénero. A actitude do noso alumnado foi de reflexión ante esta lacra da sociedade

Deixamos algunhas imaxes relativas a este día

 

Charla das Forzas Armadas

Organizado polo departamento de orientación, hoxe estiveron no noso centro representantes das Forzas Armadas.

Explicáronlle ao noso alumnado ás saídas laborais ao rematar a ESO e Bacharelato

Imaxe

Samaín no IES Coruxo

Chegou o Samaín. Así se celebra no instituto

 

Día das Escritoras

Imaxes da exposición do Día das Escritoras e do traballo do alumnado co gallo do antedito día

O alumnado do IES Coruxo contra a Violencia de Xénero

 

O alumnado do IES Coruxo estreará proximamente o seu curto en torno á violencia de xénero.

O noso alumnado de 2º de ESO na Olimpíada Matemática

O noso alumnado de 2º ESO participou nestes días na Olimpíada Matemática. Grazas ao alumnado por representar con tanto éxito ao noso centro

Regueifas no IES Coruxo

Como todos os anos o noso Instituto organiza o taller de Regueifas. Deixámosvos algunhas imaxes para que comprobedes como o noso alumnado regueifa con actitude.

 
     
     

Alumnado do IES Coruxo finalista da Olimpíada Estatística

O equipo Arosoiva doIES Coruxo, formado polos alumnos Iván García Veiga, Aroa Pérez Rodríguez eSofía Iglesias Carreira de 1º de Bachillerato,  proclamouse finalista da Competición EstaTística Europea ao quedar en cuarto lugar. Parabéns aos nosos alumnos e alumnas

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut