Skip to Content

Recursos

Visita ao Museo do Mar

O alumnado de 2º de ESO visitou o Museo do Mar como actividade complementaria de diferentes materias. Achegamos fotos desta visita

 

 

Xadrez nos recreos

Achegamos fotos da actividade de xadrez nos recreos que se está a celebrar no noso centro

CONCURSO FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA. CURSO 2016/17

BASES CONCURSO FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA. CURSO 2016/17

1.- QUEN PODE PARTICIPAR?: Está aberto a todos os membros da comunidad educativa.

2.-  TEMA:   O tema das fotografías ten que estar relacionado co mundo das matemáticas, nas súas múltiples manifestacións (figuras xeométricas, mosaicos, simetrías, fractais, gráficas e funcións, cálculo numérico, fraccións, sucesións, estatística, azar,...)

3.- OBXECTIVOS: Obxectivo principal: Resaltar a presenza constante ao noso arredor de elementos matemáticos.

·         Pór de manifesto a súa utilidade na vida cotiá.

·         Traballar as matemáticas como unha ferramenta útil para interpretar a vida real.

·         Que o alumnado, e en xeral a comunidade educativa do centro, recoñezan os conceptos matemáticos do seu entorno máis inmediato.

·         Mellorar a autoestima do alumnado.

·         Que o alumnado poida valorar a beleza das matemáticas e mellorar así a súa valoración, tanto persoal como social.

·         Fomentar o espírito crítico do alumnado.

·         Desenvolver a competencia artística e creativa do alumnado.

·         Desenvolver o uso das novas tecnoloxías.

4.- PRESENTACIÓN: Pódense entregar ata un máximo de 5 fotografías, en formato dixital, ao correo electrónico: fotografiamatematicaiescoruxo@gmail.com. Ademáis da foto, deberase entregar un arquivo de texto con título, así como unha breve explicación na que se aclarará o concepto matemático ao que fai referencia a imaxe. Na parte superior irá o título, despois a imaxe en miniatura da foto, indicando o lugar concreto onde foi sacada e na parte inferior, a descrición ou comentario. Por último irá o nome completo do concursanteasí como o papel que desempeña no centro educativo (no caso dos alumnos sinalarán o curso e o resto dos membros da comunidade educativa sinalarán a súa vinculación co centro: conserxes, administrativos, persoal de limpeza, cafetería, AMPAS, profesorado…)

5.-PRAZO:   O prazo de presentación remata o 1 de xuño de 2017.

6.- XURADO: Estará formado por profesorado do Dpto. de Matemáticas e valorarán a orixinalidade e idoneidade do título, o seu contido matemático e a explicación dada así como a calidade plástica e técnica da imaxe.

7.- PREMIOS:  

Para os alumnos establécense 2 premios:

·         O primeiro premio será de 30 euros en material escolar, 2 entradas de cine e 1 vale para unha comida na cafetería do instituto.

·         O segundo premio será de 20 euros en material escolar, 2 entradas de cine e 1 vale para unha comida na cafetería do instituto.

NOTA: Un mesmo alumno/a non poderá acumular máis dun premio.

Para o resto dos membros da comunidad educativa establécese un único premio consistente en 2 entradas de cine.

8.- USO DAS IMAXES: O Dpto.  resérvase o dereito a utilizar as fotografías presentadas para usos didácticos.

9.- AUTORÍA DAS IMAXES:    As fotografías deben ser orixinais e en ningún caso se aceptarán  fotos descargadas de Internet, nin escaneadas de ningún tipo de medio gráfico. O Dpto. comprobará minuciosamente a autoría de todas as fotos premiadas esixindo ao concursante que demostre a autoría das mesmas. Non se acepta tampouco, ningún tipo de retoque fotográfico que cambie o contido da mesma.

 

 

Excursión 4º ESO a París

Achegamos fotos das actividades que o noso alumnado de 4º ESO están a realizar en París co gallo da súa excursión de fin de etapa.

Admisión alumnado curso 2017-2018

Achégase a orde de admisión de alumnado para i curso 2017-2018

http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/20170201_admision.pdf

Aquí o enlace a toda a información sobre o proceso de admisión para o vindeiro curso

http://www.edu.xunta.gal/portal/node/21321

Entroido 2017 no IES Coruxo

Fotos do entroido do IES Coruxo

   
         
   
         
   
         
   
         
   

 

 

 

 

Entrega de notas

A entrega de notas da 1ª avaliación será o día 21 de decembro ás 11 horas.

Os autobuses sairán das cabeceiras as 10'15. A volta os autobuses sairán do instituto ás 12'00.

O profesorado permanecerá no centro para atender ao alumnado ou familias entre 11'00 e 12'00.

PRESENTACIÓN CURSO 2016-2017

PRESENTACIÓN INICIO DE CURSO

DÍA 15 ÁS 11'30

Sairán os autobuses das cabeceiras ás 11'00.

Os autobuses sairán de volta ás 12'30.

Exames de setembro curso 2015-2016 e Libros de texto 2016-2017

Atópanse no taboleiro de anuncios do centro o calendario de exames de setembro deste curso 2015-2016 e a lista de libros para o curso 2016-2017.

Graduación 2 Bacharelato

 

     
     
     
     

Xuño 2016

Entrega de notas: día 28 de xuño ás 10'00

Período reclamación: presentación  da reclamación na secretaria do centro en impreso oficial, días 28 e 29 de xuño

Resolución das reclamacións 30 de xuño

Matrícula: 1º ESO a partir do 27 de xuño, resto dos cursos do 1 ao 7 de xullo

Exames de setembro: días 1, 2 e 5 de setembro. Consultar calendario no taboleiro de anuncions do Instituto.

O ex-alumnado segue unido co IES Coruxo

Distribuir contido


by Dr. Radut