Skip to Content

Admisión alumnado

Elévanse a definitivas as listas provisonais de admisión alumnado para o curso 21-22.

Ao alumnado non admitido seralle adxudicada unha praza noutro centro por parte da Comisión de Escolarización. Este proceso iniciarase a partir da finalización do prazo ordinario de matrícula no mes de xullo.

Final de curso 2º BAC

Entrega de notas 18 de maio ás 18:30. Publicación de notas en AbalarMóbil ás 19:00 horas

Reclamacións: días 19 e 20 de maio

Resolución reclamacións: 21 de maio

Reclamación ante Xefatura Territorial previa solicitude ao director do centro: 24 e 25 de maio

Resolución da Xefatura Territorial: con tempo para matricularse en ABAU se for o caso.

Celebración do día do libro

Hoxe celebramos o día do libro coa lectura de anacos de Don Quijote de la Mancha

 

Horario do centro no período vacacional de semana santa

O centro permanecerá aberto os días 29, 30 e 31 de marzo en horario de 9:30 a 11:30 horas.

O teléfono de contacto para estes días será o 886 111 016 de 9:30 a 11:30 e o 604 062 267 de 11:30 a 14:30

Presentación de documentación para baremo

Ábrese prazo entre os dias 25 de marzo e 9 de abril para presentación de documentación necesaria para realizar o baremo nos cursos de 1º ESO e 1º Bacharelato xa que o número de solicitudes é superior ao número de prazas ofertadas.

Prazas vacantes para o curso 21-22

1º ESO: 6 prazas

2º ESO: 0 prazas

3º ESO: 11 prazas

4º ESO: 19 prazas

1º BAC: 0 prazas

2º BAC: Ciencias 2 prazas. Humanidades e Ciencias Sociais: 3 prazas

Alumnado admitido de reserva de centros adscritos

Todo o alumnado de centros adscritos que realizou a reserva para 1º ESO no prazo establecido ten praza asignada para o curso 2021-2022.

Solicitude admisión curso 2020-2021

 INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO EN

CENTROS SUSTENTADOS CON FONDOS PÚBLICOS

 

O ALUMNADO MATRICULADO NO CENTRO XA TEN A RESERVA FEITA

AUTOMATICAMENTE, SÓ DEBERÁ MATRICULARSE NOS PRAZOS PRESCRITOS

 

 RENUNCIA Á RESERVA DE PRAZA PARA ALUMNADO DE CENTRO

ADSCRITO QUE REALIZOU DITA RESERVA  ATA O 28 DE FEBREIRO

 

 PUBLICACIÓN DOS POSTOS ESCOLARES VACANTES: ANTES DO 1 DE

MARZO

 

 PRESENTACIÓN SOLICITUDES DE ADMISIÓN: 1-22 MARZO

 

 PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS ACREDITATIVOS DOS MÉRITOS

PARA O BAREMO (SE FOR NECESARIO): 25 DE MARZO A 5 DE ABRIL

 

 PUBLICACIÓN DAS LISTAS PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON

ADMITIDOS: 25 DE ABRIL

 

 PRAZO DE RECLAMACIÓN ÁS LISTAS PROVISIONAIS: 26 DE ABRIL A

3 DE MAIO

 

 PUBLICACIÓN LISTAS DEFINITIVAS DE ADMITIDOS: 14 DE MAIO

 

 FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA 1º DE ESO: 25, 28 E 29 DE XUÑO

 

 FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA RESTOS DOS CURSOS: DO 1 AO 6

DE XULLO OU NA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO

SE FOR O CASO

 

 LEXISLACIÓN APLICABLE:

 

  DECRETO 254/2012,  do 13 de decembro,  polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes  sostidos  con fondos  públicos  que  imparten  as  ensinanzas  de  segundo  ciclo  de  educación  infantil,  de  educación  primaria, de  educación  secundaria  obrigatoria  e  de  bacharelato  reguladas  na  Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

 ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

 Criterios que se poden alegar no baremo

 Irmáns/irmás do solicitante matriculados durante o curso escolar para o que se solicita a admisión

 

Nai, pai, ou titores legais traballadores no propio centro

 

Domicilio familiar ou  Domicilio da empresa dos proxenitores

 

Familia numerosa, Familia monoparental

 

Renda anual per cápita

 

Discapacidade igual ou superior ao 33% da alumna/o, nai/pai, titores ou irmáns

 

Para bacharelato, nota media 3º ESO ou na titulación alegada

 

 

 

COMUNICADO DA AMPA

Estimadas familias, debido ás circunstacncias actuais, a oficina da AMPA permanecerá pechada ata novo aviso. Estaremos dispoñibles no teléfono 628319577.

Publicación da listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas da distribución de máscaras entre o alumnado do centro

O luns 14 de decembro publicaranse as listas definitivas  de solicitudes admitidas e excluídas da distribución de máscaras entre o alumnado do centro. Estas listas poderan consultarse nos taboleiros do interior do centro. Unha vez recibidas as máscaras no centro por parte do proveedor, estas serán entregadas ao alumnado unha vez asinado pola familia o documento de recepción das máscaras.

Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas da distribución de máscaras entre o alumnado do centro

 

Foi publicada no día de hoxe (venres 4 de decembro de 2020) a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas da distribución de máscaras entre o alumnado do centro. Esta listaxe atópase no taboleiro de anuncios situado no interior do instituto.

 1. En caso de exclusión na listaxe provisional, as persoas afectadas poderán formular reclamación ante o centro docente nos dous (2) días hábiles seguintes ao da súa publicación. (días 9 e 10 de decembro de 2020)

2. Esta reclamación entenderase resolta coa publicación da listaxe definitiva.

3. Contra a exclusión na listaxe definitiva, as persoas afectadas poderán interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da listaxe definitiva (artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas).

 

SOLICITUDE DE MÁSCARAS GRATUÍTAS PARA ALUMNADO

Orde do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria,educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21

Máis información no documento adxunto solicitude máscaras ou facendo clic aquí

Días non lectivos

O día 2 de novembro e o 7 de decembro son días non lectivos, polo tanto non haberá clase

Libros de Matemáticas 2º bacharelato

Matemáticas Aplicadas II editorial Anaya isbn 97888469812808

Matemáticas II editorial Anaya isbn 9788469812778

Cambio do horario xeral do centro

Queremos anunciar que o horario xeral do centro para este curso 2020-2021 será  o seguinte

Luns: de 8:30 a 15:00

Martes: de 8:30 a 14:10

Mércores: de 8:30 a 15:00

Xoves: de 8:30a 14:10

Venres: de 8:30 a 14:10

Os luns pola tarde, polo tanto, non haberá clase.

Distribuir contido


by Dr. Radut