Ábrese prazo entre os dias 25 de marzo e 9 de abril para presentación de documentación necesaria para realizar o baremo nos cursos de 1º ESO e 1º Bacharelato xa que o número de solicitudes é superior ao número de prazas ofertadas.
As persoas solicitantes deberán achegar a documentación xustificativa dos criterios de baremo. Os criterios de baremo son os que aparecen na orde de de 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento de admisión.
Criterios que se poden alegar no baremo
Irmáns/irmás do solicitante matriculados durante o curso escolar para o que se solicita a admisión
Nai, pai, ou titores legais traballadores no propio centro
Domicilio familiar ou Domicilio da empresa dos proxenitores
Familia numerosa, Familia monoparental
Renda anual per cápita
Discapacidade igual ou superior ao 33% da alumna/o, nai/pai, titores ou irmáns
Para bacharelato, nota media 3º ESO ou na titulación alegada
LEXISLACIÓN APLICABLE:
DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.