Skip to Content

ADMITIDOS 4º DE ESO CURSO 2019-2020

Achegamos listaxe do alumnado admitido en 4º de ESO que solicitou praza para o curso 2019-2020.

ADMITIDOS 1º ESO CURSO 2019-2020

Achegamos documento PDF coas listaxes do alumnado admitido que solicitou praza en 1º de ESO no curso 2019-2020.

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2019-2020

 

Debido á existencia de máis demanda que oferta de prazas escolares nos cursos de 1º de ESO e de bacharelato, ábrese o proceso de baremación durante 10 días hábiles para ditos cursos. Daquela, ATA O 5 DE ABRIL os proxenitores ou titores legais do alumnado que solicitou admisión nos cursos de 1º de ESO ou 1º de bacharelato para o curso 2019-2020 deberán presentar na secretaría do centro a documentación xustificativa que a continuación se indica, tal e como recolle a orde de admisión ao efecto e as instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o proceso de admisión de alumnado:

  • Domicilio fiscal e renda per cápita da unidade familiar. Aínda que se autorizase a consulta automática, deben facer constar expresamente na solicitude a cantidade correspondente á base impoñible no caso de declaración conxunta, ou á base impoñible de cada un dos declarantes da unidade familiar no caso de declaración individual; deste xeito consignarán a cantidade que resulta da suma das casiñas 415 (base impoñible xeral) e 435 (base impoñible do aforro) da correspondente declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) do ano 2017. Cando non se presente a declaración do IRPF constarán os ingresos segundo os datos tributarios que facilite a Axencia Estatal de Administración Tributaria. A cantidade antes mencionada dividirase polo número de membros da unidade familiar referido ao día 28 de febreiro de 2019.

  • Condición de familia numerosa (non é necesario acreditala documentalmente en caso de ter autorizado a consulta na solicitude presentada).

  • Discapacidade do alumnado, proxenitores, titores ou irmáns recoñecida pola Xunta de Galicia (non é necesario acreditala documentalmente en caso de ter autorizado a consulta na solicitude presentada).

  • Existencia de irmáns ou irmás matriculados no centro.

  • Nai, pai, titor ou titora que traballe no centro.

  • Proximidade do centro ao domicilio familiar (esixirase certificado de empadroamento onde conste a data de alta ou data de inscrición) ou ao lugar de traballo dos pais/nais ou titores (esixirase certificado da empresa ou ente público no que se traballe).

  • Condición de familia monoparental. Esixirase certificación de recoñecemento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

  • Expediente académico (só para 1º de bacharelato; presentarase certificación académica de 3º de ESO).

 

PECHE DO CENTRO O LUNS 18 DE MARZO

O LUNS 18 DE MARZO NON HABERÁ ACTIVIDADES LECTIVAS NIN SE ATENDERÁN TRÁMITES ADMINISTRATIVOS DEBIDO A QUE É O DÍA ESCOLLIDO POLO CENTRO COMO NON LECTIVO.

PECHE DO CENTRO O LUNS 18 DE MARZO

O LUNS 18 DE MARZO NON HABERÁ ACTIVIDADES LECTIVAS NIN SE ATENDERÁN TRÁMITES ADMINISTRATIVOS DEBIDO A QUE É O DÍA ESCOLLIDO POLO CENTRO COMO NON LECTIVO.

Distribuir contido


by Dr. Radut