Skip to Content

Información oficial

Nota Informativa: Folga de persoal docente xoves 12 decembro

O vindeiro xoves 12 de decembro de 2019 hai convocada folga de persoal docente no ámbito do ensino público convocada polas distintas centrais sindicais: CIG-ENSINO, CCOO, STEG, FETE-UGT.

Todos os traballadores e traballadoras están no seu dereito de secundar dita convocatoria de folga segundo se recolle no artigo 28.2 da Constitución Española.

Para esta data a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria establece uns servizos mínimos dirixidos a garantir o servizo esencial á educación nos centros docentes, recollidos na ORDE do 28 de novembro de 2019 (DOG Núm. 231, Mércores 4 de decembro de 2019).

Artigo 1: Terán a consideración de servizos mínimos para o persoal docente dependente da Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional, a dirección ou membro do equipo de dirección.

En todo caso, quedará garantida a apertura e o peche de todos os centros.

A Dirección

25 NOVEMBRO - IES CAMPO DE SAN ALBERTO EN NEGRO

Calendario escolar curso 2019/2020

Aquí está o calendario escolar do curso 2019-2020.

Visítao aquí.

PRESENTACIÓNS CURSO 2019-20

LIBROS DE TEXTO 2019-2020

 

CALENDARIO EXAMES DE SETEMBRO

Consulta aquí as datas dos exames de setembro.

  • ENTREGA DE NOTAS: XOVES 5 de SETEMBRO ás 10:00 horas, logo revisións de exames.

  • PRESENTACIÓN DE RECLAMACIÓNS: XOVES 5 e VENRES 6 SETEMBRO ata as 14:00 horas.

  • COMUNICACIÓN DAS RESOLUCIÓNS: Ata ás 12:00 do LUNS 9 SETEMBRO.

 

FEIRA FIN DE CURSO

Consulta aquí o programa:

ENTREGA DE BOLETÍNS DE NOTAS E LIBROS DE TEXTO

MÉRCORES 26 DE XUÑO

Consultar aquí horarios.

A TRAVÉS DOS MEUS OLLOS ESTRANXEIROS

Facendo click neste ollo accederás ao magnífico proxecto realizado ao longo deste curso 2018-2019

entre os nosos compañeiros e compañeiras novas, o alumnado de Imaxe e Son, a Rede Solidaria, profesorado e o noso querido Stacey.

Distribuir contido


by Dr. Radut