Skip to Content

Información oficial

Xornadas de portas abertas

Agardamos a vosa visita durante as Xornadas de Portas Abertas que celebraremos durante a semana do luns 26 de febreiro ao venres 2 de marzo, de 16:20 a 19:00 horas.

Teremos a oportunidade de coñecernos, amosar as nosas instalacións, a oferta educativa, as actividades e programas complementarios, programas formativos...

ACHÉGATE A COÑECERNOS!

Podes consultar a nosa oferta educativa para o curso 2018-2019 no apartado de "Información Oficial", dentro da sección O Centro.

VACACIÓNS DE NADAL

O XOVES 21 DE DECEMBRO comezamos as vacacións de Nadal.

Voltaremos de novo ás aulas o LUNS 8 DE XANEIRO DE 2018.

O horario do día 21 de decembro será de 08:45 a 13:15 horas.

Os AUTOBUSES sairán do centro ás 13:15 horas.

 

O IES CAMPO DE SAN ALBERTO DESÉXAVOS

UNHAS BOAS VACACIÓNS E PRÓSPERO ANINOVO

 

Entrega do emblema como centro Pluribach

Acto de entrega do emblema de centro Pluribach, celebrado o mércores 15 novembro na "Cidade da Cultura"

Coa presenza do Conselleiro de Educación e coa asistencia por parte do centro de Marga García (Secretaria), Manuel Torres (profesor de materia pluribah) e Aurora Mato (coordinadora CLIL).

Tivo lugar unha mesa redonda coa intervención de Manuel Torres dando a súa opinión sobre as vantaxes de ser centro Pluribah e sobre aspectos da materia de IMAX de 2º Bach.

PRIMEIRO PREMIO MIGUEL HERNÁNDEZ INNOVACIÓN PEDAGÓXICA 2017

ANIMÁDEVOS A VERNOS!!!

INICIO CURSO 2017-2018

COMEZA O NOVO CURSO 2017-2018!!

Aquí tedes os horarios das presentacións de cada curso.

O Venres 15 de setembro son as presentacións de ESO e BACHARELATO, os autobuses comezarán a recoller alumnado de ESO nas paradas ás 11:30 h. A saída dende o instituto será as 13:00 h.

O Luns 18 de setembro, as clases de ESO e BACHARELATO comezarán e rematarán no horario habitual e o transporte terá horario normal.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2017-2018

Picando na seguinte imaxe podes ver a relación de libros de texto

por nivel e materia para o vindeiro curso académico 2017-18.

RECOMÉNDASE NON MERCAR OS LIBROS

ATA FALAR CO PROFESORADO EN SETEMBRO.

CALENDARIO DE EXAMES DE SETEMBRO 2017

Nos seguintes enlaces tedes os días e horas de realización dos

Exames Extraordinarios de Setembro 2017.

 

 

BO VERÁN!!!

Premios extraordinarios de Bacharelato

Como todos os anos, aquí tedes a convocatoria dos premios extraordinarios de bacharelato. Están dirixidos aos recentísimos graduados que acadastes unha nota media igual ou superior a 8'75. Tedes de  prazo ata o día 5 de xuño.

Non o vexades imposible, pois danse 20 premios de 1000. Ánimo.

CALENDARIO PROBAS LIBRES MODULOS LOE

ACCEDE AO CALENDARIO DE PRESENTACIÓN E EXAMES PARA OS MATRICULADOS NAS PROBAS LIBRES CORRRESPONDENTES AO CICLO SUPERIOR DE LABORATORIO CLÍNICO E BIOMÉDICO.

A ASISTENCIA Á PRESENTACIÓN E AOS EXAMES É OBRIGATORIA. A AUSENCIA EN CALQUERA DOS MESMOS, É MOTIVO DE ELIMINACIÓN DAS PROBAS .

 

Distribuir contido


by Dr. Radut