Skip to Content

Información oficial

Exames Extraordinarios de Setembro 2017

Nos seguintes enlaces tés os días e horas de realización dos Exames Extraordinarios de Setembro 2017.

Video do XXV aniversario do Instituto

Un percorrido polos artigos de prensa, carteis, fotografías, actividades, programas internacionais... que evidencian a inxente labor realizada no noso Centro, durante os seus 25 primeiros anos de existencia.

Se queres, podes velo a pantalla completa en Youtube (unha vez iniciado, debes premer no seu logotipo). 

 

Impresos de solicitude de permisos e licenzas

Acaba de saír unha nova orde de permisos e licenzas, polo que poñemos á disposición de todo o profesorado os modelos que se deben utilizar.

Son formularios en pdf que se poden cumprimentar no propio documento e mandalo a imprimir. Unha vez que os cubras cos teus datos, é recomendable que os gardes para non ter que volver a introducilos a proxima vez que os necesites.

ANEXO II (actividades de formación)

ANEXO IV (solicitude de permiso á Xefatura Territorial)

ANEXO V (solicitude de permiso á Dirección)

Para o profesorado: Pizarras dixitais "MultiClass Board"

Recentemente, foron recibidas e instaladas 10 novas pizarras dixitais (MultiClass Board) no noso Centro. Aínda que veñen preparadas para funcionaren cun ordenador portátil equipado exclusivamente co sistema operativo Linux, tamén foron instalados os seus controladores para Windows, nos equipos de sobremesa que temos nas aulas.

Deste xeito, disfrutan da interactividade que lles é propia e doutras vantaxes de cara a actividade docente, máis alá do seu uso como pantallas de proxección.

Os referidos controladores están configurados para que carguen ao iniciar o sistema, pero, se por algunha "extraña razón" non o fan, bastará con executalos manualmente, premendo no primeiro acceso directo (TOOLS) dos tres que hai na barra de tarefas. Nalgún caso, pode ser necesario desconectar e volver a conectar o cable USB da pizarra.

Ademais, existen outros dous accesos directos (BOOK Lite e BOOK) que corresponden a un software de edición que implementa novas funcionalidades á pizarra. O primeiro deles presenta unha mínima barra con ferramentas (rotuladores de cores, borrador....) e o segundo, inicia o programa completo, para os máis ambiciosos.

Nos seguintes enlaces podes acceder a unha guía rápida da pizarra e o manual completo de BOOK en galego.

Proba de acceso á Universidade. Convocatoria de setembro 2014

Convocatoria da Matricula Anticipada e Ordinaria para a realización dos exercicios correspondentes á Proba de Acceso á Univesidade, na convocatoria extraordinaria (setembro 2014)

Matricula para o curso académico 2014-15

Pica no seguinte enlace para acceder aos PRAZOS DE MATRÍCULA para o vindeiro curso académico 2014-15.

Así mesmo, para formalizar a túa matrícula, debes coñecer a DOCUMENTACIÓN QUE DEBES APORTAR

Axudas para adquisición de libros de texto para o curso 2014-15

Podedes ollar a recente Orde do 28 de maio de 2014 onde se establecen as axudas para a adquisición de libros de texto, pero tede coidado cos reducidos prazos que fixa:

Para o alumnado que se matricule en xuño: do 25 de xuño ao 28 de xullo de 2014, ambos inclusive.

Para o alumnado que se matricule en setembro: do 2 de setembro ao 2 de outubro de 2014, ambos inclusive.

Protocolo de Absentismo Escolar

Para mellor información de toda a comunidade educativa do instituto, no seguinte enlace achégase o recente Protocolo para a prevención do Absentismo Escolar en Galicia. Así mesmo, tamén se enlazan as Instrucións da Dirección Xeral de Formación Profesional e Innovación Educativa polas que se traslada o mesmo.

Calendario de admisión de alumnado de ESO e Bacharelato para o curso académico 2014/15

 

PUBLICACIÓN DE VACANTES

ANTES DO 1 DE MARZO

PRESENTACION DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN

1-20 DE MARZO 

PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA

(só no caso de haber máis demanda que prazas)

DO 24 DE MARZO AO 4 DE ABRIL

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

ATÉ O 25 DE ABRIL

Presentación de reclamacións: 5 días hábiles (do 28 ao 6 de maio)

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS

ANTES DO 15 DE MAIO

PRAZO DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA (ESO E BACHARELATO)

25 DE XUÑO – 10 DE XULLO

PRAZO EXTRAORDINARIO DE FORMALIZACIÓN DE MATRICULA (ESO E BACHARELATO)

1-10 DE SETEMBRO

 

Distribuir contido


by Dr. Radut