Actividades

VISITA Á PLANTA DE TRATAMENTO DE LIXO DE LOUSAME E AO PARQUE NATURAL DE CORRUBEDO

Planta de tratamento de residuos sólidos urbanos de Servia. Lousame.

Vista do Parque Natural de Corrubedo

Que pasa co lixo unha vez que o botamos no colector? A onde van parar as botellas de plástico? Que é compost? ...

Estas e outras preguntas terán cumprida resposta na visita que o alumnado de 3º de ESO vai facer o próximo día 11 á Planta de tratamento de lixo de Lousame.

Organizada polos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e Tecnoloxía esta saída completarase cunha visita ao Parque natural de Corrubedo, un espazo natural protexido dun gran valor ecolóxico, como poderemos comprobar; ademais de apreciar "in situ" o traballo do vento e o mar durante anos e anos para modelar unha paisaxe única.

PROGRAMA DE PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIAS

Esta semana Sagrario Ferreira Pernas comeza a impartir unha serie de charlas dirixidas ao alumnado dos direrentes niveis da ESO no marco do programa de prevención de drogodependencias que anualmente desenvolvemos no IES conxuntamente con outros centros educativos de Brión, Ames e Negreira.

DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

O Coodinadora Galega de ENDL organiza para o día da ciencia en galego unha videoconferencia a cargo do profesor Ángel Carracedo,Catedrático de Medicina Legal e director do Instituto de Medicina Legal e do Grupo de Medicina Xenómica da USC.

A videoconferencia "Aplicacións da investigación xenética: o seu uso na práctica policial" terá lugar o vindeiro venres 4 de novembro de 12:30 a 13:30.

Unha introdución sobre o ADN será o punto de partida para achegar as aplicacións da xenética no campo da investigación forense, área no que os grupos de investigadores liderados por Ángel Carracedo lideran a produción científica mundial.

No noso centro será o alumnado de 1º de bacharelato e 2º de bacharelato científico tecnolóxico o que terá a oportunidade de asistir ao evento.

ESTREA DA ADAPTACIÓN DE "O ENFERMO IMAXINARIO" DE MOLIÈRE

O MÉRCORES 8 DE XUÑO ÁS 12:25 HORAS NA SALA DE USOS MÚLTIPLES ESTREA DA ADAPTACIÓN TEATRAL DE "O ENFERMO IMAXINARIO" DE MOLIÈRE PARA ALUMNADO DE 1º DA ESO

AGARDAMOS QUE VOS GUSTE!

OS BOSQUES.

O martes 12 celebrouse no IES de Brión unha mesa redonda sobre os bosques. O alumnado e demais público asistente puido disfrutar das magníficas intervencións dos relatores, así como dun pequeno coloquio posterior.



Queremos agradecer unha vez máis aos ponentes, e por suposto ao público, ter participado neste encontro no que, a través de tres sendas diferentes, fumos quen de achegarnos un pouco máis aos nosos bosques.


Escoita as intervencións:


Adolfo Cordero


Eduardo Rico


Constantino Canosa


Preguntas


Recordamos que este acto tivo lugar dentro das xornadas anuais, desta volta adicadas aos bosques, que se veñen desenvolvendo no IES esta semana. No mesmo contexto presentamos xunto ao CEIP de Pedrouzos unha exposición de traballos realizados en aula ao redor dos bosques.


Dentro das xornadas están tamén enmarcadas diferentes actividades, como unha visita a Finsa (alumnado de 2º PDC e Tecnoloxía Industrial I), sendeirismo polas Fragas do Eume (alumnado de 3º ESO), ou unha charla sobre as mamoas de Rañalonga a cargo do profesor Federico Silva.


OS BOSQUES. MESA REDONDA NO IES DE BRIÓN.

O vindeiro martes 12 de abril ás 18:30 h, terá lugar na aula de usos múltiples do IES, unha mesa redonda ao redor dos bosques. Esta actividade está aberta a toda a comunidade escolar e ao público en xeral.

Falarase sobre a importancia do ecosistema bosque e a importancia de preservalo, a evolución do uso dos bosques nos últimos corenta anos e sobre o estado actual e perspectivas de cara ó futuro dos bosques de Brión.

Participarán Adolfo Cordero Rivera (profesor da Escola de Enxeñería Técnica forestal da Universidade de Vigo) e Eduardo Rico Boquete (profesor da Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela).

CHEGOU A HORA DOS BOSQUES!

Como todos e todas sabedes, 2011 foi declarado pola ONU ano internacional dos bosques. No IES de Brión, de acordo co CEIP de Pedrouzos, non quixemos deixar pasar esta oportunidade e aproveitamos para facer disto o tema da nosa actividade anual para traballar dende os distintos departamentos e nas diferentes materias.

Brión é un concello moi castigado polos incendios nos últimos anos e, a pouco que miremos arredor, vemos que os bosques teñen outros problemas engadidos. Pareceunos que sería bo chamar a atención sobre iso; non se pode amar o que non se coñece, e nós queremos aprender e que o noso alumnado (e o público que o desexe) aprenda sobre os bosques, para que poida amalos.

Traballouse moito: con actividades de aula, que xa hai tempo que se están a facer, coa marabillosa exposición de fotografías, cedida pola asociación ADENCO, e de textos literarios e libros, coa realización dun conto colaborativo que comezou o alumnado do CEIP de Pedrouzos e rematará o do IES, etc.

A semana do 11 ao 15 de abril vai ser SEMANA DE PORTAS ABERTAS, onde as familias e a xente que o desexe poderá pasar a ver a exposición de traballos feitos polos alumnos e alumnas, ademais de asistir á mesa redonda aberta ao público.

ENCONTROS COS INTERNOS DE TEIXEIRO

12/04/2011 16:15
12/04/2011 17:55

O departamento de Orientación organiza a actividade de "Encontros cos internos de Teixeiro" para tratar as consecuencias de "saltarse límites" para alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato o vindeiro 12 de Abril ás 16:15 horas na Aula de usos múltiples

TEATRO: REPRESENTACIÓN DE "EL PERRO DEL HORTELANO"

11/03/2011 10:25
11/03/2011 14:00

O departamento de Lingua Castelá organiza a asistencia á representación da adaptación para 2º ciclo da ESO da comedia " El perro del hortelano", no Teatro Principal para o alumnado de 3º de ESO o Venres, 11 de Marzo de 10:25 a 14: 00 horas.

CHARLAS CRUZ VERMELLA

O departamento de Orientación organiza unha Charlas de Cruz Vermella dentro da campaña de sensibilización sobre os sen fogar en adolescentes, para o alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato durante os días 23 e 24 de Marzo no seguinte horario:

CURSO GRUPO DÍA HORARIO
A 23 10:25 A 12:05
B/PDC 23 12:25 A 14:05
BACH 24 9:15 A 10:05

USOS DE INTERNET E MÓBILES

22/03/2011 00:15
22/03/2011 12:00

O departamento de Orientación organiza unha actividade sobre "Usos de internet e móbiles" na aula de usos múltiples do centro para o Martes, 22 de Marzo para o alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO coa seguinte programación horaria:

1º ESO- 9:15 a 10:05 horas

2º ESO-10:25 a 11:15 horas

3º ESO-11:15 a 12:05 horas

Distribuir contido