Actividades

CADERNOS DA VIAXE A ESTREMADURA

O alumnado de 4º de ESO creou uns cadernos da viaxe a Estremadura en diveros formatos, para manter no recordo a saída de final de etapa que realizaron no mes de Marzo. Presentamos unha pequena mostra da calidade, diversidade e curiosidade dos cadernos presentados.

ACTO DE REMATE DE CURSO DO ALUMNADO DE 2º DE BACHARELATO

O vindeiro xoves 30 de Maio, ás 20:00 horas terá lugar no IES de Brión un acto de remate de curso do alumnado de 2º de Bacharelato. Convídase a comunidade educativa do IES de Brión a despedir á promoción que remata esta etapa de ensino.

CONFERENCIA: "DEZ MIL RÍOS, DEZ MIL PROBLEMAS"

Este curso no IES de Brión estamos traballando sobre a auga, desde moi distintas perspectivas.

O vindeiro Martes, 23 de abril pola tarde, terá lugar a Conferencia "Dez mil ríos, dez mil problemas: masas de auga e cambio climático"  a cargo de Fernando Cobo Gradín, profesor de Hidroloxía das Augas Continentais na Facultade de Bioloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Queremos que este acto sexa aberto, polo que convidamos a participar a toda a comunidade escolar e ao público en xeral.

Ao mesmo tempo invitámosvos a ver os traballos, relacionados coa auga, que o alumnado deste centro foi realizando, e que se irán expoñendo até o final do curso.

A continuación presentamos algúns recursos na rede interesantes sobre a auga:

Proxecto elaborado polos departamentos de Xeografía e Historia, Tecnoloxía, Xeometría, Literatura e Ciencia do IES A Sangriña que trata da auga, as súas propiedades, estrutura, estados, ciclo,... dos ríos e as súas características,... das máquinas hidraúlicas tradicionais, da súa historia, funcionamento, partes, tecnoloxía, ...da literatura popular, paisaxística, refráns, ...xeometría.

A auga

EXPOSICIÓN: LA ESFERA DEL AGUA

Exposición do CSIC para introducir ao visitante no mundo da agua, desde as  súas propiedades químicas ata o seu  su papel na historia e na civilización humana.

XESTIÓN DE AUGA

Zona interactiva da web de Sotavento cun programa para comparar o consumo de auga no baño co uso de mecanismos eficientes.

Tamén se fai un estudo do sistema de recollida de augas pluviais da vivenda bioclimática.

 

USO CORRECTOS DA AUGA

Animación flash sobre usos correctos da auga, creada polo Consocio do Principado de Asturias

 

 

CHARLA: "RADIACIÓN DE TELÉFONOS MÓBILES E SAÚDE"

09/04/2013 16:15

Os departamentos de Bioloxía e Tecnoloxía organizaron para o alumnado de 3º e 4º de ESO a Charla do divulgador científico Xurxo Mariño que leva por título " Radiación de teléfonos móbiles e saúde", o 9 de Abril.

Na conferencia introdúcese ao alumnado sobre as catro forzas fundamentais do universo, a electromagnética, a gravidade e as forzas nucleares, forte e débil, centrándose sobre todo en como nos afectan aos seres vivos. Tamén se explicou a diferencia entre radiación ionizante e non ionizante e como a radiación dos móbiles pertence ao segundo grupo, para continuar aportándonos o coñecemento contrastado que na actualidade temos sobre os efectos das radiacións dos móbiles sobre a saúde.

Para máis información sobre a conferencia entra no Blog de Ciencia Contemporánea e blog de Tecnoloxía  do IES de Brión.

 

Xurxo Mariño é profesor do departamento de Medicina da Universidade da Coruña e membro do grupo Neurocom.

A actividade forma parte do programa Divulga na escola que organiza a Asociación Galega de Comunicación e Divulgación Científica e Tecnolóxica.

EFICIENTIC: EFICIENCIA ENERXÉTICA E TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E COMUNICACIÓN

05/03/2013 08:35
05/03/2013 14:05

Os departamentos de Tecnoloxía, Bioloxía e  Física organizan a participación do alumnado de 4º de ESO na Xornada de EFICIENTIC en Vigo.

Dende a imaxe podes acceder ás imaxes do alumnado do IES de Brión na xornada de EficienTIC

EFICIENTIC é un proxecto de divulgación científica que consiste nun conxunto de actividades e talleres co obxectivo de difundir e divulgar os conceptos básicos e as tecnoloxías máis innovadoras das áreas nas que traballan EnergyLab ( Centro tecnolóxico de Eficiencia e sustentabilidade enerxética) e Gradiant ( Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia), que son as áreas de Eficiencia Enerxética e das Tecnoloxías da Información e Comunicacións.

O programa da xornada consta de:

  • Charla para introducir os aspectos fundamentasi sobre as TIC e a Eficiencia Enerxética e actividades iniciais.
  • Talleres:
    • Xeración de enerxía pedaleando
    • Illamento
    • Recoñecemento facial e consellos de aforro no consumo dos computadores
    • Hidróxeno para a mobilidade
    • Energy Harvesting
    • Xeración de enerxía a partir de cambios de temperatura
    • Auditoría enerxética

EFICIENTIC na TVG

 

VISITA DE 1º ESO B AO CENTRO DE EDUCACIÓN ESPECIAL DE A BARCIA

Os alumnos de 1º ESO B visitaron o día 26 de Abril o centro de educación especial de A Barcia acompañados polo seu titor e pola orientadora do noso centro.
Dentro do traballo de " aprender a diversidade " feito na titoría e na asignatura de Proxecto Interdisciplinar buscamos coñecer outras realidades, outras experiencias que nos enriquezan e nos axuden a medrar como persoas.

Xogamos un partido de fútbol con equipos compostos por membros de ámbos centros, foi moi divertido. Fixemos xogos e compartimos uns bocadillos. No salón de actos presenciamos un par de actuacións que os anfitrións prepararon con moita ilusión. Para rematar coñecimos as instalacións do centro.

Os compañeiros de A Barcia fixeron esta montaxe que nos amosa como foi este día tan especial, esperamos que vos guste.


MOSTRA DE ENSINO

O departamento de orientación  organiza a visita á Mostra do ensino Galicia 2012 o 11 de Abril para o alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato que ten lugar no recinto feiral de EXPOCoruña, coa finalidade de presentar á comunidade educativa e á sociedade en xeral os cambios que se están a promover no sistema educativo de Galicia.

OBRADOIRO DE HÁBITOS DE ALIMENTACIÓN SAUDABLE

O departamento de orientación organiza o vindeiro 13 de Marzo de 10: 25 a 14:05  un Obradoiro de hábitos de alimentación saudable para o alumnado de 3º de ESO impartido por monitores de cruz vermella.

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL

O departamento de orientación organiza un Obradoiro de educación afectivo-sexual para o alumnado de 4º da ESO o vindeiro mércores 14 de Marzo de 10:25 a 14.05, impartido por monitores da cruz vermella

APRENDER NO CÁRCERE

O departamento de orientación organiza a actividade Aprender no cárcere Proxecto ANOCA, o vindeiro día 6 de Marzo de 12:25 a 14:00 horas na aula de usos múltiples do centro.

A actividade vai dirixida ao alumnado de 4º de ESO e preténdese achegar a experiencia da escola do cárcere de Teixeiro ao alumnado de secundaria.

Distribuir contido