As datas de inscrición para acceder aos módulos das ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas, modalidade presencial, serán entre o 1 e o 12 de xuño de 2020. Abrirase un prazo extraordinario de inscrición e matrícula entre: - O 1 e o 11 de setembro de 2020 para o primeiro cuadrimestre - O 11 e o 19 de xaneiro do 2021 para alumnado de nova incorporación ao centro no segundo cuadrimestre
A listaxe de libros de texto pode consultarse na sección de alumnado, situada á dereita neste web e tamén no taboleiro de anuncios do centro ou preme aquí.
Aviso: Os alumnos de 1º da ESO deben esperar ao comezo do curso para recibir instrucións máis precisas para mercar os libros de texto.
Circular 3/2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2020-2021
A listaxe provisional das persoas beneficiarias de libros de texto do fondo solidario e de material escolar e a de solicitudes excluídas, con indicación da causa de exclusión, pode consultarse no taboleiro de anuncios do centro. De conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas, estas listaxes publicaranse única e exclusivamente no taboleiro de anuncios situado no interior do edificio escolar. Non se dará, tampouco, información por teléfono.