Skip to Content

Probas Libres: Xornada de acollemento

A xornada de acollemento das probas libres para a obtención de titulos de formación profesional terá lugar o luns 10 de xuño ás 17:00 horas na sala de asociacións do edificio A.

Aviso:

Recordámos que o día 16 de maio é un dos días non lectivos escollidos polo centro.

Aproveitamos tamén para informar de que ese día a Secretaría do centro permanecerá aberta en horario de mañá (de 9 a 14 horas) exclusivamente para que os alumnos de 2º de Bacharelato poidan xestionar as súas matrículas para a ABAU.

O dia 17 é festivo en conmemoración das Letras Galegas.

Exames finais Xuño ESA 2 ESA 4

Publícase o calendario de exames finais de xuño de 2024 da ESA 2 e ESA 4. Máis información, prema aquí.

Acreditación de competencias dixitais do alumnado que cursa FP, ESA e Bacharelato de adultos

A Consellería publicou unha resolución (*) para a acreditación de competencias dixitais do alumnado que cursa FP, ESA e Bacharelato de adultos.
Esta acreditación pode ser de oficio, mediante unha proba específica ou unha combinación de ambas, e nos niveis inicial e intermedio.
Podedes atopar a información na presentación engadida e no seguinte enlace (Preme aquí) ou na propia resolución (Preme aquí).

Para simplificar un pouco a información, no noso centro as situacións poden ser as seguintes:

 1.- Acreditación de oficio en nivel inicial para o alumnado que obteña o título de FP básica ou ESA no curso 23/24.
 2.- Acreditación de oficio en nivel intermedio para o alumnado que obteña o título de CM en Instalacións eléctricas e automáticas e calquera ciclo superior no curso 23/24.
 3.- Acreditación mediante proba específica do nivel intermedio completo: poderá presentarse á proba o alumnado matriculado no curso 23/24 no 2º curso dun ciclo formativo de grao básico ou no módulo IV de ESA.
 4.- Acreditación por superar proba específica da área de dominio 4 e obter simultáneamente un título distinto aos do punto 2 no curso 23/24.

O prazo de inscripción é ata o 22 de maio, polo que cómpre que informedes aos vosos titorandos. Achegamos a folla de inscripción e tamén a podedes atopala en dirección

(*)  Resolución do 29 de abril de 2024, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que cursa ensinanzas de formación profesional, ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de réxime especial, e ensinanzas de educación secundaria e bacharelato para persoas adultas.

Curso capacitacion dixital Maio 2024 no IES As Mariñas

Abrese  o prazo para a inscrición no Curso  "Adquisición de competencias dixitais básicas"

 A duración é de 30 horas  e celebrarase no IES AS Mariñas do 20/05/2024 ata 04/06/2024. 

 O curso está destinado a persosas que non cursen ningún tipo de ensinanza.

 Contidos: -Correo electrónico. -Buscadores de información. -Redes sociais. -Edición de textos. -Seguridade na rede.

Para acceder ao documento de inscrición en formato Open Office, prema aquí ou en formato pdf, prema aquí.

Calendario da convocatoria de exames extraordinarios da ESA 1 e ESA 3.

Publícanse as datas dos exames extarordinarios para os alumnos da ESA 1 e ESA 3. Para consultalas, preme aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut