Os vindeiros Xoves 10 e Venres 11 procederase a entrega dos libros segundo o calendario que se publica a continuación. Preme aquí.
Nota: Todos aqueles alumnos/as que teñan que recoller os textos de Fondolibros, deberán presentarse no día e hora indicada nos cadros adxuntos acompañados dun titor/a legal para poder retiralos.
Para descargar o formulario de inscrición como socio da Asociación de Nais e Pais (ANPA) do IES As Mariñas pódese facer de dous xeitos: 1) Ir ao marco dereito da web do IES, no bloque PAIS/NAIS>ANPA e atopalo no apartado: Documentos Pais/Nais2) Ou ben dende aquí.
O prazo de inscrición para acceder ás ensinanzas de bacharelato para persoas adultas será o establecido para o bacharelato de réxime ordinario. En calquera caso, abrirase un prazo extraordinario de matrícula entre o 1 e o 11 de setembro de 2020.
As datas de inscrición para acceder aos módulos das ensinanzas de educación secundaria para persoas adultas, modalidade presencial, serán entre o 1 e o 12 de xuño de 2020. Abrirase un prazo extraordinario de inscrición e matrícula entre: - O 1 e o 11 de setembro de 2020 para o primeiro cuadrimestre - O 11 e o 19 de xaneiro do 2021 para alumnado de nova incorporación ao centro no segundo cuadrimestre