Skip to Content

ESO

A Educación Secundaria Obrigatoria constitúe, xunto coa Educación Primaria, o ensino básico e obrigatorio para tódolos rapaces e rapazas desde os 6 ós 16 anos de idade.
Como etapa educativa comprende 4 cursos académicos  e esténdese dos 12 ós 16 anos de idade.
Centros adcritos:A Castellana (Aranga), Cesuras e Oza dos Ríos.
Accedese con: 6º de primaria

No IES As Mariñas impártese a Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) dende a implantación destes estudos.

A ESO consta de 4 cursos e, ao longo de todos eles, aténdese á diversidade do alumnado basicamente de dúas formas: con Agrupamentos específicos (en Primeiro e Segundo) e Programas de Diversificación Curricular (en Terceiro e Cuarto), ademais do reforzo educativo e adaptacións curriculares.

Ao rematar a ESO con avaliación positiva, obtense o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, que per­mite o acceso directo aos estudos de  Bacharelato ou de Ciclos For­mativos de Grao Medio.

Tanto no IES AS Mariñas como no IES Franciso Aguiar se po­den cursar as modalidades de bacharelato de Ciencias e Tecnoloxía ou Humanidades e Ciencias Sociais. No IES As Mariñas pódense cursar ciclos formativos de grao medio.

Como ampliación da oferta educativa no IES As Mariñas, e para o alumnado que non acada o título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria, ofrécense dúas opcións que lle permitirá reincorporarse ao sistema educativo ou ac­ceder en mellores condicións ao mundo laboral.

Por unha banda está a Educación Secundaria Obrigatoria pa­­ra persoas Adultas (ESOA)

Por outra banda están os Programas de Cualificación Profesional Inicial

 Oferta ESO

 Para máis información, prema aquí.

AdxuntoTamaño
ESO_triptico_2021-2022.pdf869.54 KB


book | by Dr. Radut