Skip to Content

EDUCACIÓN SECUNDARIA DE ADULTOS e BACHARELATO DE ADULTOS

No IES As Mariñas impartimos as ensinanzas para a obtención do graduado en ESO:

- Son catro módulos cuadrimestrais que se fan en dous anos académicos.

- Permite a obtención do título de Graduado en Educación Secundaria.

- Da acceso aos Ciclos Formativos de Grao Medio e Bacharelato.

- O horario é de tarde dende as 18:30 h. ás 22:30 h. Os venres remata ás 20:00 h.

-Dependendo dos estudos, pódense validar cursos. Por exemplo, co título de Graduado

Escolar accederíase ao módulo 3, podendo obter o Graduado en ESO nun ano.

Destinatarios

Para acceder a estes niveis de ensino o alumnado deberá ter cumpridos 18 anos ou cumplilos nas datas que establecen as instruccións anuais da Consellería, polo xeral ata o 31 de decembro.

Tamén poderán matricularse na educación secundaria de persoas adultas as quen cumpran

algún dos seguintes requisitos:

  • Ser maior de 16 anos e ter un contrato laboral que impida acudir aos centros educativos de réxime ordinario.

·        Ser deportista de alto rendemento.

Estrutura dos cursos

Os cursos da ESA son cuadrimestrais, os módulos 1 e 3 comezan en setembro e rematan en febreiro, e os módulos 2 e 4 comezan en febreiro e rematan en xuño.

As materias están agrupadas en  tres ámbitos:

-Ámbito de comunicación (galego, castelán e inglés)

-Ámbito científico-tecnolóxico (matemáticas, ciencias naturais, tecnoloxía e física-química)

-Ámbito de sociedade

O currículo de cada ámbito e módulo encóntrase no DOG do 12 de abril de 2018  (ORDEN de 20 de marzo de 2018)  no que se regula a educación básica para as persoas adultas e se establece o seu currículo na Comunidade Autónoma de Galicia.

Oferta ESO Adultos

 

Máis información, prema aquí.

AdxuntoTamaño
ESA_triptico_2021-2022.pdf1016.85 KB


book | by Dr. Radut