Skip to Content

Grego

 

Programacions Taboleiro
Galeria Exames
Actividades complementarias Profesorado

 

 

 

 

 

 

 

Concurso Odisea 2015

 

Como en anos anteriores participamos no Concurso Odisea organizado pola Sección Galega da SEEC. Este ano o tema era o amor.

Os días 26, 27, 28 e 29 de xaneiro os nosos alumnos, agrupados en seis equipos, lograron contestar a todas as preguntas plantexadas, conseguindo a máxima puntuación entre 268 equipos que se presentaban.

O día 4 de febreiro o equipo formado por Silvia Gómez, Daniela González e Diego Pérez, todos de 2º de Bacharelato, disputaron a final no IES Salvador de Madariaga de A Coruña. Eran 16 equipos repartidos en distintas sedes. 

Conseguiron quedar no 9º posto.

Noraboa a todos!

 

 

 

 

 

 

 

 "Desde Grecia para el mundo: la herencia lingüística en la ciencia y en la vida cotidiana", conferencia de Teresa Amado, profesora de Filoloxía Grega na Universidade de Santiago de Compostela. (7-11-14)

"¿Qué tienen que ver un  lunático, el selenio y el menisco? ¿Qué relación hay entre un calvo y una zorra? ¿Por qué un borracho no lleva nunca un adorno con amatistas? ¿Por qué Alicia no miente e Irene no se pelea?

Los griegos marcan el antes y el después en la historia del mundo, porque ponen los cimientos para construir lo que somos hoy en día. Ellos inventron la democracia, el teatro, la retórica, descubrieron la importancia del deporte y la dieta para la salud y la importancia del medio físico para el bienestar de la persona.Pero, sin duda, su mayor descubrimiento es el método científico. Así surge la ciencia y con ella la necesidad de ponerle nombre a los descubrimientos. El griego es una lengua muy apta para formar palabras compuestas. Así, con un pequeño número de raíces, combinándolas de diferentes maneras, podemos formar muchas palabras."

Todas estas curiosidades e moitas máis contounas a  profesora Teresa Amado o pasado mes de novembro. Coma sempre foi todo un pracer escoitala pola súa sabidoría e o seu discurso tan ameno.

Grazas, de novo, Teresa, por todo o que nos ensinas.

 

 

 

 

Concurso Odisea 2014

 

 

Do 3 ao 6 de Febreiro celebrouse a IX edición do Concurso Odisea organizado pola Sección Galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos (S.E.E.C.). Este ano o tema era "O teatro en Grecia e Roma".

Participaron no concurso os 22 alumnos de 1º e 2º de Bacharelato do réxime ordinario, formando oito equipos, catro en cada curso.

Catro equipos conseguiron a máxima puntuación. Según as bases soamente podía participar na final un equipo de cada centro. A final celebrouse no IES "Eduardo Pondal" de Santiago o martes 11 de Febreiro. As alumnas de 2º de Bacharelato María Blanco, Laura Calvo e Inma Couceiro representaron ao noso centro, quedando no 4º posto dun total de 8 equipos.

 

 

 

 

 

 

 

            XIV Festival de Teatro Grecolatino de Lugo

 

 

 

 

 

 O 26 de marzo 16 alumnos de 1º e 2º de Bacharelato de Humanidades e dúas profesoras asistimos ás representacións de Las Troyanas de Eurípides e  Las Asambleístas de Aristófanes postas en escena polo grupo “El Ruiseñor” de A Coruña.

Na traxedia  sumerxímonos no ambiente da Troia posterior á destrucción da cidade cando os heroes gregos se reparten as mulleres troyanas como botín de guerra.Constatamos como na guerra non hai vencedores nin vencidos, todos perden.

Xa pola tarde pasamos do sufrimento ás risas coas mulleres atenienses ocupando os postos políticos que, naquel tempo, estaban reservados exclusivamente para  os homes. 

 

 

 

                                                                                       

 

 

 

 

                                            O teatro na Grecia Clásica                                              

 

O 10 de abril contamos coa presencia no noso centro da profesora de Grego da USC, Mª Teresa Amado, que impartiu unha charla aos alumnos de 1º e 2º de Bacharelato de Humanidades. O tema era o teatro na Atenas Clásica.

Durante case dúas horas sumerxímonos na vida de  Atenas  e aprendimos, entre outras moitas cousas, a relación que tiña o teatro coa democracia: o teatro como valor educativo e como expresión da cidadanía. Tamén nos falou Mª Teresa da organización dos festivais, cando e onde se celebraban, quen os sufragaba, que tipo de público asistía e que parte do teatro ocupaba...

Despois pasamos ao que era o edificio teatral e todas a súas partes, para rematar cos actores.

Todo contado dunha maneira amena, entretida e sempre facendo alusións á época actual. Foi para nós un auténtico privilexio.

Grazas, Teresa!

   
   

 

 



book | by Dr. Radut