Skip to Content

Eleccións ao Consello Escolar

Dacordo coa Resolución 19 de setembro de 2022 e a normativa vixente de aplicación no procedemento de elección dos membros do Consello Escolar, a Xunta Electoral constituída onte, 2 de novembro, aprobou o calendario electoral para a renovación dos seguintes membros: dous pais/nais ou titores legais, dous alumnos e tres profesores do Consello Escolar.

O prazo de presentación de candidaturas e reclamacións ao censo electoral é dende o día 3 ata o 15 de novembro ás 14:00 horas.

Podedes atopar máis información na web, no taboleiro informativo do centro e no taboleiro da sala de profesores.

Avisos

Aviso sobre festivos: O centro solicitou o 20 de marzo e 2 de maio como dias non lectivos.

Aviso sobre o transporte escolar: o vindeiro mércores 2 de novembro os usuarios que empregan o transporte escolar do IES Francisco Aguiar non disporan do servizo de bus.

Sorteo para constitución da mesa electoral para a elección do Consello Escolar

O vindeiro mercores 26 de outubro as 11:30 horas no salón de actos do IES As Mariñas procederase ao sorteo público para a elección dos membros da Xunta Electoral e os seus suplentes,co fin de celebrar eleccións ao Consello Escolar.

Vale para a compra de material escolar para o curso escolar 2022/23

 As familias beneficiarias do vale da Xunta para a compra de material escolar poden recoller o cheque adicional na secretaria do noso instituto. Os que  xa o recibiron 50€ obterán agora outros 25€ sen facer ningún trámite adicional. Para máis información, prema aquí.

Publicación do horario de inicio de curso

Horario de inicio de curso: data, hora e lugar das presentacións.  Máis información, prema aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut